Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

101 Fotografías para a lembranza

miércoles, 20 de agosto de 2008
Poucas semanas hai nos referíamos neste espacio, co título “Contra a parede”, á exposición de fotos xigantes que o concello de Foz, baixo a dirección de Xesús do Breogán, instalou no entorno do peirao. Hoxe volvemos sobre o tema porque unha nova iniciativa, neste caso coa co-autoría de Chús Alvarez, pon ó alcance de todos, a través dun album, pulcramente editado, outros tantos episodios da vida focega que permañecían no anonimato dos arquivos familiares. Neste senso as vellas fotografías son un tesouro de historias ocultas, que en Foz non é a primeira vez que saen á luz.

Que nós saibamos foi en 1977 -pasa de trinta anos- cando se realizou a primeira mostra de fotos retrospectivas e xa entón tivera un sinalado éxito. Daquela concedéranse seis premios a outras tantas fotos, en orde ós seguintes méritos: a mais antiga, a mais orixinal ou artística, o personaxe popular… O promotor da iniciativa fora José Veiga Pita, Pepito de Ladislao, e con él colaborara este cronista. Pepe era un focego adoptivo que profesaba un profundo amor ó noso pobo; sempre preocupado pola súa evolución e os seus problemas: gardamos algunhas cartas súas que así o testemuñan; por certo que nos sobres das mesmas, ó escribir o noso nome, nos distinguía co tratamento de “monseñor”… Pepe, que residía en Madrid, finou hai dez anos, case centenario, e os seus restos repousan no cemiterio focego.
A mostra fora instalada na sala de exposición de vehículos de talleres Martínez nos locais do “Maragato da prazuela” hoxendía arrasados pola voráxine inmobiliaria.

Referido a ela, neses días Xosé Trapero Pardo, o ilustre xornalista e escritor, veraneante na nosa vila durante 65 anos, publica en El Progreso o artículo “Emotiva historia gráfica de Foz” no que, entre outras cousas decía: “ Suso Fernández y Pepe Veiga organizaron y realizaron, venciendo múltiples dificultades, la exposición. El pasado salía de los viejos albumes familiares o de los encristalados cuadros que colgaban de las salas y comedores. Era para unos emoción por ver revivir lo que daban por olvidado. Era para otros sorpresa al ver un Foz que no habían conocido …”. Coma hoxe.

Saudamos con ledicia a aparición de “101 fotografías para a lembranza”, toda unha xoia, e felicitamos compracidos ós seus artífices.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES