Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas 'en estado puro'

jueves, 16 de diciembre de 2021
Que non somos perfectos, sabémolo todos.
Que non vemos os defectos propios coa mesma precisión que vémo-los alleos, tamén.
Con tódolos defectos que poidamos ver ou non ver, tamén coñecemos persoas "en estado puro".

Son esas persoas que teñen tanta, tanta bondade, que ata parece que lles "sae polos seus poros".
Son as persoas santas. Haber, hainas.
Son as persoas que actúan co corazón na man.
Son persoas incapaces de facer mal intencionadamente.
Son persoas que saben "envolver a vida en papel de amor" porque teñen moitísima compresión cara ás outras.
Son persoas que comprenden moi ben as debilidades humanas.

Esas persoas andan entre nós.
Esas persoas son a que viven sempre o Nadal; para elas todo o ano é Nadal, tódolos días da súa vida son NADAL porque levan a Deus nos seu corazón.
Son persoas que sempre buscan a maneira de tender pontes en lugar de levantar muros entre as persoas.
Xeralmente parecen estar sempre de bo humor, porque teñen moito autodominio de sí mesmas.
Adoitan ser persoas moi sufridas, a veces introvertidas.
Antes de enfadarse, pensan que a mellor palabra é a que está por dicir.

A min...
¡Quen me dera ser unha desas persoas!
Pero non sei a fórmula.
Esas persoas deben ter unha fórmula máxica ou tal vez nacer con ese don.
Tampouco sei ata que punto nacen ou se fan; ou ámbalas dúas cousas á vez.

Neste controvertido mundo tamén hai persoas que se irritan...
¡Pobres!
¡Quen sabe canto sufrimento acumulan nos seus corazóns.!

Pero das que debemos tomar exemplo é: das "persoas en estado puro", das persoas de bo corazón, das persoas que saben estar...

Por eso vemos:
-Esposos que se aman profundamente e fan o que sexa necesario para que o seu fogar sexa un niño de amor.

-Pais e nais cheos de tenrura cos seus nenos que saben disfrutar deles ó mesmo tempo que os educan para que sexan "persoas en estado puro" o día de mañá.

-Nenos e nenas cariñosos e obedientes cos seus papás, cos seus avós, cos seus irmáns, cos seus profesores, cos seus catequistas, con todos...

-Avós e avoas que dan cariño e tenrura ós seus a pesar do peso dos anos e dos achaques propios da idade.
Avós e avoas que queren deixar un legado de amor familiar ós seus.

-Persoas doentes de tódalas idades que se deixan querer e sofren con paciencia os contratempos que lles toca vivir.

-Profesores e profesoras que teñen que armarse de moita paciencia, amor e comprensión ante a vida disparatada que levan nas súas casas certas criaturas, ás que lles costa suor e bágoas encarrilar; pero non desfallecen.
Non desfallecen porque unha criatura sempre é susceptible de poder moldearse para facer dela "unha persoa en estado puro".

-Sacerdotes que senten moita dor por ver como moitas persoas rexeitan a Deus nas súas vidas, levando una vida sen principios morais nin relixiosos de ningún tipo.
Sacerdotes que, a veces, parécelles que están predicando no deserto...
Tamén a Xoán o Bautista o pensaba; pero sempre queda algo...
O Reino dos Ceos medra lenta e caladiñamente.
Por eso non se desaniman, a súa fe e o seu tesón: supera incertidumes.

-Persoal sanitario que observa hedonismo, esixencias, incomprensións...
Pero aínda así seguen ó pé do cañón dando o mellor de sí para que os doentes recuperen a saúde.

-Forzas de seguridade que se ven desbordadas ante ambientes difíciles; pero elas expoñen as súas vidas en non poucas ocasións e intentan por tódolos medios mante-la seguridade dos cidadás de ben.

-E multitude de colectivos e persoas particulares que velan pola paz e polo progreso.

Quizais ese Nadal sexa bo momento para replantexarnos a vida e poñer máis pureza no que pensamos, no que dicimos e no que facermos.
Sería moi bo para todos.

"SERÍA MOI BO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES