Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nadal sin Francisca

martes, 14 de diciembre de 2021
Nadal sin Francisca
Unha das encargas que me deixou miña nai, antes de marchar, foi que coidara de Luís. E de toda a familia. E de todo aquel que o necesitara.

"Sede boas persoas. Facer felices ós demais", non paraba de repetir.

Por eso decidín levar de novo a meu pai, Luís, a Begonte. Chámalle ver os complexos mecanismos do Nacemento. Pero, máis ainda, ver nese illado lugar da Terra Chá xente tan progresista. Incluso teatro reivindicativo organizado por curas. Donde os inquilinos do Portal de Belén se postulan contra os desafiuzamentos e a favor de vivenda e vida dignas. Nada que ver con aqueles sacerdotes que sufreu durante toda a súa vida na Mariña de Guerra. Capeláns castrenses que cambiaron o hisopo e a auga bendita por galóns de capitán ou coronel, para poder abusar dos inferiores. Ademais de ameazar co inferno tiñan tamén a ferramenta do arresto ou calabozo.

Luís pásao ben falando coa xente. Porque todo en Begonte é familiar. O Belén é coma un iceberg. A parte electrónica é a punta, o que se ve sobre a auga. A parte máis grande, a somerxida, é toda aquela xente que afinca polo proxecto. Homes e mulleres de ben que traballan arreo, para que Begonte se convirta cada ano na capital do Nadal.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES