Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O papel da policía municipal

miércoles, 20 de agosto de 2008
En Galicia e fóra da nosa terra, teñen aparecido casos que poñen en cuestión o traballo e comportamento de membros de corpos da policía local en determinados concellos. O último caso problemático, polo momento, xurdiu no concello de Sada onde existía un conflicto entre policías e autoridades municipais nas que presuntamente se viña utilizando o sistema de baixas por enfermidade como loita dos policías na defensa dos seus dereitos.

En Ferrol e Lugo tamén se teñen producido baixas que as autoridades municipais cuestionan, de xeito que o que podería ser unha discrepancia normal na defensa dunha determinada postura se convirte nunha situación discutible na que ninguén queda ben parado, e a opinión pública fórmase unha idea alomenos indesexable dos comportamentos que repercuten en todos nós.

Velaquí o problema: que non podemos permitir que a policía municipal se vexa rebaixada na consideración popular. Agora que quedou superada aquela idea que dela había de corpo de segunda cando os concellos tamén eran institucións de segunda, non podemos permitir que se rebaixe o papel da policía máis inmediata ós cidadáns, a dos temas máis cercanos e básicos.

É tarefa de todos. Dos medios informativos, naturalmente, cuidando a imaxe, non xeneralizando, e dando a cada tema o tratamento axeitado. Das autoridades municipais, respectando e esixindo respecto, dialogando, prestixiando, dignificando. E das propias policías, mantendo a súa integridade en todo momento, usando métodos e argumentos propios do seu carácter, respectando tamén e facéndose respectar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania