Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 15 de diciembre de 2021
Tres pés ó gato
Alguén me dixo (sempre hai alguén, maldita sexa, que manda nun) que lle buscara tres pés ó gato. Pola zona na que vivo hai bastantes gatos, pero hoxe, imaxino que polo frío de neve que impera neste día da Concepción, non se ven. Non obstante, o do atallo non falla. Máis arriba ou máis abaixo sempre está. E estaba. Pero cando pasei á súa beira vin que tiña Pingas de Orballo catro pés. Isto desarmoume un pouco. Porque o asunto estaba no dos tres pés. Como mirar para tres se tiña catro? Para cales miraba? Cal deixaba fóra de xogo? Cal se sentiría discriminado? Non é broma. A cousa ten o seu aquel. Entroume unha dúbida tan grande que cheguei mesmo a sentar no valado para estudar ou asimilar ben a situación.
Non é fácil escoller onde hai abundancia. Os pés dos gatos non é que sexan moi abundantes, pero suficientes para, se lle sacas algún, deixalos coxeando. É o mesmo que se pode dicir na realidade dunha persoa feliz: como vas escollerlle ou describirlle o sorriso dos beizos se vas deixar fóra o brillo dos seus ollos ou os latexos do corazón. Non sempre é sinxelo coller o camiño correcto. A ver como se busca unha pinga de auga no medio do deserto.
Logo de intentar poñer no seu sitio certas elucubracións relacionadas con esas dúbidas que me atenazaban, erguín e despedinme do gato. Seguín buscando máis para atoparlles os tres pés, pero xa planificando ó mesmo tempo o engano que lle comunicaría a ese alguén que manda: que ante o día frío no que estabamos, non atopara gatos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES