Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Nadal de verán

Santalla, Iago - miércoles, 15 de diciembre de 2021
Non entendo porqué as televisións xeralistas sempre botan películas de Nadal relacionadas co inverno. Cientificamente sabemos que medio planeta celebra un Nadal de verán. Tamén sabemos que o motivo pagán destas festas é a chegada do equinocio. Do mesmo xeito que o lume do San Xoán nos agroma o solsticio.

Disto poucas veces nos decatamos porque toda a nosa realidade está preprogramada para unha única historia. Isto é o que Chimamanda Ngozi Adichie define como un perigo e ten razón. A lúa pode ter unha cara oculta pero a Terra non. O seu carácter esférico convídanos a vernos en plenitude pero a mentalidade terraplanista impídeo...

A mala nova é que esta mentalidade ten medios de comunicación que se encargan de propagar a historia única. Por iso é tan difícil recoñecernos na diferenza. Por iso hai quen coñece por plasma o Nadal de inverno e quen non é capaz de imaxinar un Nadal de verán.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES