Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (12)

jueves, 16 de diciembre de 2021
Romería de San Roque: "Eu teño un canciño..."

A Blas de Canoura, meu fiel amigo lector, recentemente finado, e quen foi Presidente da Banda de música Landro, in memoriam. Grazas Blas, exemplar persoa, O Landro é hoxe un vieiro de bágoas, doídas e garimosas, que pregan por Tí.

Día dazaseis. San Roque é aquel santo peregrín que queremos nos escoite sempre, non só por ser patrón ante as pandemias, das que por certo estamos fartos, senón porque moitos confiamos nil como protector do noso Pobo. Cómpre ter fe por ambos lados. Se a pandemia non se vai, San Roque non ten a culpa. Il pasa o ano confinado. Se o Pobo ten moitos depredadores do seu patrimonio e a súa beleza, tampouco lle botemos a culpa a il, senón a nós mesmos, que permitimos coa nosa apatía, comodidade e conformismo... os aldraxes que cada día rouban a fermosura dise particular paraíso con que nos agasallou Deus. A ousadía dalgúns dises depredadores sempre anda ó noso carón. Despois está o amor a Viveiro e saber separa-la palla do grao. E iso require valentía, personalidade e cháma-las cousas polo seu nome. E diso andamos escasos, moi escasos. E de poetas sociais andamos coido que orfos.

Pois ben, para subir a S. Roque, cómpre sempre pasar por Altamira, o noso particular xardín dos recordos, para tomar folgos e exemplo dos nosos devanceiros e amigos e así camiñar pola carretera ou polos atallos con bó ánimo para achegarse o cumio do Monte co súor e ailma disposta a oración.

E xa alí, despois da sede e o refrixerio, xa sexa de bocata de panceta ou churros e chicolate, sempre e de agradecer o saúdo garimoso dos amigos e dos compañeiros fieis e aquila foto de recordo do noso paso polo Monte.

Deseguido a misa con cantos e prédica do día.Tempo de fala co santo coa ilusión de ser escoitado. Ninguén sabe si é xordo ou se é verdade que existe a esperanza. Hai quen di que sí. Logo a procesión, sinxela e silandeira ó rededor da capela, para rematar con música de gaitas e baile de muiñeiras. Estampa de nenos e festeiros romeiros na que se amosa a ledicia de sentirense viveireses. Porque ninguén o esqueza: aqueles intres son testimuña do amor o Pobo de cada un. E resulta moi reconfortante atopar vellos amigos ou coñocidos brindando co corazón por un Viveiro feliz e mellor.

Fai anos que San Roque e eu chegamos a un acordo. Il é santo, e entón eu non chego a entendelo ben porque eu non o son, e a máis fálolle de cousas raras. Así que dixome que, se quería, deixábame o seu Can para poder ladrar o que se me antoxase, e que non lle fora sempre coas mesmas teimas das aberracións que sufre o noso Pobo, que Il ben as vía. Que se quería podía falar co Can. Eu contesteille que acó aos nenos xa se lles enseña desde moi noviños a calar e que, se Deus nos deu a fala, por algo sería.

Entón repricoume que o seu Can sempre me acompañaría, e que se tiña que ladrar que o fixera, que o pan que leva na boca é un invento dos homes. Que ben debo saber que os homes usan o pan para acalar bocas, pero que o mellor amigo do home que me ía acompañar era un palleiro sinnxelo, sincero, claro e co pelo no seu sitio, non na boca. Daí que nisas andamos. O malo é que o Can xa vai vello e ladra pouco e ronco e, se fala craro, sempre hai unha xauria disposta a acosalo. ¡Mágoa de xente!

A baixada do Monte é fermosa e alentadora vendo os pícaros xa cansos, os novos lixeiros, e os vellos nos coches. Iso axuda a entende-lo o "tempus fugit".

Xa na Vila, cómpre unha cerveza ou un viño cos comentarios tradicionais de que si viches a fulano, este ano non veu citano, ¡aló vai a Reina!, que sempre poñía o santo e que era tan boa muller...¡Cántos fallaron iste ano porque xa van no camposanto!. Mira o teu redor. E o corazón vaise afacendo o inexorable remate.

O día de San Roque todo o mundo ten presa porque non da feito. Que si quedou con un amigo para verse, que si aínda non colleu a tarta, que se chegaría seu irmau que víña a comer...

Hoxe xántase tarde, e a carta varía pouco do día anterior. Fame non hai moita, e que papear hai para al menos unha semana. Así que cada un escolle o que lle apetece e sigue a parola que se lle antoxe. A xente non é toda tonta, só ten a súa dose, e esquiva a política e outros temas polémicos porque xa sobra tempo do resto do ano. Así que xantar pousado, bebida cansa, fala axitada e, como non, algún cantarín. O máis dalgún. Sempre hai Saletas ou Marivis, que poñen ao seu arte da canción ó servicio de amigos e invitados, e istes actúan de coros con mellor ou pior fortuna.

Se non se vai o fútbol, cómpre unha sesta reparadora, pero o Viveiro C.F. hai que ir a velo. E o nos equipo e iso da moito plus de motividade. ¡Se ata estamos todo o ano sempre pendientes dos seus resultados esteñamos en donde esteñamos! ¿Cómo non vamos a disfrutar coas amigos do seu partido? E se perde, non é que non pase nada, que pasa, pero tontos seríamos senón soubéramos que pode pasar.

Logo repitimos o programa do día anterior: festa no Parque, verbena na Carretera e foguetes as doce da noite. Todo o balcón do Landro énchese de xente e entón o ceo viste as súas mellores galas e brila con coloris de palmeiras, guirnaldas, fontes, estrelas e unha chea de figuras que cada un queira ver. Outra vez máis soñamos e pensamos que aquelas fugaces chispas mistúranse coas estrelas e o noso maxin lévanos por vieiros de rosas para recordarnos que a vida pode ser moi bela e que as nosas desesperacións son espiñas da vida. Cando morren as nosas esperanzas, sempre nace outra rosa. O un sorriso. Toda semente ten o seu foito, e a vida é regar con amor e bágoas o noso Berce... sen esquecer o mundo.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES