Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Toca evolucionar

jueves, 09 de diciembre de 2021
Actualmente o mundo circula a unha velocidade vertixinosa, tanta que a veces ata nos produce estrés.
De feito moitas persoas viven estresadas e teñen que recibir tratamento psicolóxico.

Penso que no medio está a virtude.
Temos que ir cos tempos, temos que estar ó día na medida das nosas posibilidades; pero é imposible estar en todo.

Temos que priorizar porque evolucionar non significa estar á última...
Evolucionar significa ir mellorando a nosa calidade de vida todo o que estea ó noso alcance.

O primeiro que temos que ter en conta é mante-la cabeza ben amoblada; o que os galegos chamamos: TER SENTIDIÑO.

Ter sentidiño á hora de coida-la saúde.
Conserva-la saúde é toda unha asignatura moi complexa: saúde física, saúde mental, saúde económica, saúde afectiva, saúde psicoloxica, saúde espiritual...
A SAÚDE FÍSICA conleva facer unha vida moderada, sen grandes sobresaltos; aínda que a veces haxa que saír do paso da maneira que sexa.
Levar unha vida moderada significa poder respirar aire puro, garda-las horas de descanso, levar unha alimentación equilibrada, conserva-la paciencia a raia...
Conserva-la paciencia é moi importante porque a vida presenta moitos sobresaltos inesperados:
Os sobresaltos non avisan, son moi inoportunos...

A SAUDE MENTAL non é menos importante.
Para as persoas sás, te-la cabeciña "no seu sitio" tén o seu máis ou menos porque a sociedade e o mundanal ruidos son moi tentadores.
¡Cantas veces hai que nadar contra corrente para non deixarse levar!

SABER ADMINISTRARSE esixe saber botar contas, saber medir as posibilidades, saber exprimir os talentos persoais da mellor maneira posible.
Moitas veces "as contas da casa non dan coas da praza".

AS PRIMEIRAS CONTAS QUE HAI QUE AMAÑAR SON AS DA CASA, EMPEZANDO CADA PERSOA POR SI MESMA.

Xa din alí que: "a caridade ben entendida, empeza por un mesmo".

Tamén necesitamos cultivar a nosa VIDA AFECTIVA
-Necesitamos amar e ser amados.
-Necesitamos relacionarnos.
-Necesitamos o cariño das persoas máis cercanas.
-Necesitamos o apoio das amistades.
-Necesitamos unha palabrade alento
-Necesitamos que de vez en cando nos digan que facémo-las cousas ben ou algo ben…

Nós necesitamos eses mimos; pero OS OUTROS TAMÉN OS PRECISAN; entonces trátase: de DAR PARA RECIBIR E DE RECIBIR PARA TER QUE DAR.

TE-LA NOSA PSIQUE BEN TRATADA é todo un logro para poder evolucionar adecuadamente.
A veces temos que cambiar o noso modo de ve-la vida.
Temos que buscar a maneira de VE-LO LADO POSITIVO DA VIDA para ter alicientes que nos recarguen as pilas.
Recarga-las pilas de vez en cando, é fundamental: PARARSE, OBSERVAR SEN XULGAR E TOMAR AS DECISIÓNS MÁIS ADECUADAS...
"Vestirse a modo cando se tén présa"

E o que nunca debemos esquecer é que: TEMOS UNHA ALMA QUE SALVAR, como dicía a miña nai.

Pensar na nosa salvación como persoas é fundamental porque de nada vale gañar o mundo enteiro se botamos a nosa alma a perder: ESTAMOS CHAMADOS Á TRANSCENDENCIA.

Despois de que falecemos a esta vida terrenal, aínda deixamos moitos recordos; deixamos un legado…
Séguese falando de nós para ben ou para mal.

Aquí estamos de paso e non nos queda moito tempo...
A CONCIENCIA TRANQUILA É A MELLOR FÓRMULA PARA EVOLUCIONAR.
Unha conciencia tranquila, non ten prezo.
Cando unha persoa actúa en conciencia, está en estado puro.
Precisamos persoas que actúen en conciencia, persoas en estado puro.

"PERSOAS EN ESTADO PURO"
Este será o título de do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES