Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Trapero Pardo e a casa da súa nacenza

martes, 07 de diciembre de 2021
Xosé Trapero Pardo víu a primeira luzada nese ano en que, como unha montaña da nosa Valura, por unha parte escorren as augas polas súas abas ata a Chaira desexada e pola outra vertente hacia o mar, tal se fose o pico dunha montaña, nace no 1900, entre o século XIX e o XX, é un home de entre séculos e os seus saberes escorren por unha banda desde a aba do século XIX, que o mundo do saber e da cultura lle transmitíu e por outra aba, o que se vai orixinando nas escorras das montañas Valuras do XX, sendo a súa morte outra data tamén de finais dunha época, 1995 ou o derradeiro quinquenio secular.
Trapero Pardo e a casa da súa nacenza
Nace no Castro de Ribeiras de Lea de Castro de Rei, Lugo, no que hoxe é a Praza de García Abad e que noutrora era o antigo Campo da Festa e Campo da Feira. O lóxico sería denominar, para lembrar este acontecemento, a esta praza como Praza de Trapero Pardo, pero o destino ou forza que determina inexorablemente os acontecementos quixo que fose para Don Ramón María García Abad, tamén valuro, mais sería máis exemplificante cambear os nomes das rúas e denominar a esta praza co nome do que aquí naceu e levar a García Abad un pouquiño máis preto de San Xiao de Mos e que abranguería o que hoxe é a Rúa Trapero Pardo.

A casa onde naceu Trapero Pardo era da familia dos Campos que posuían a súa casa patrucial moi cerca, onde estaban as oficinas da Caixa Galicia, que nos arrincaron a todos os galegos e da que todos fomos quen de mantela ata finais de século e da que se fixo unha venda bochornosa.

A casa do seu nacemento está, xa que logo, moi pretiño deste banco e situada de forma transversal con relación á estrada de Rozas-Abadín ou LU-113 e na que hoxe vive um bisobriño do autor.

Esta casa está paredada ou pegada por parede medianeira a outra cuxos propietarios eran chamados "os de Quevedo" e na actualidade pertence á familia dos "Castro". Na casa Nº 8, a que hoxe ten cor branca, viviron o pai, a mai e Trapero; casa que tiñan en aluguer á familia dos Campos. O pai exercía a profesión de reloxeiro. Era moi curioso o feito de que unha fiestra do piso baixo facía de expositor e na que sempre había uns reloxos de peto, daqueles que se metían no chaleco prendidos cunhas cadeas de prata. Os condenícaros dos reloxos estaban pendurados duns fíos horizontais e doutros verticais dos que se suspendían os susoditos reloxos.

Aquí foi onde naceu Trapero Pardo, o seu pai era segoviano e enviuvou casando logo en segundas nupcias con outra muller da que tivo dúas fillas (Concha e Inés), despois morreu o pai e a súa muller casou con outro home tamén en segundas nupcias, querendo o destino que así mesmo tivese o oficio de reloxeiro.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES