A Xosé Manuel Lobato
Fernández Abella, Xoán Xosé - domingo, 05 de diciembre de 2021
Do Pico Sacro, firme namorado.
Coñecedor profundo das súas lendas.
O seu amor é nobre, sen prebendas,
a ese Pico por el tan admirado.
Nun libro, "Pico Sacro" titulado,
dos nosos Clásicos hai textos éditos
sobre o Pico, e tamén textos inéditos.
Un libro-xoia para ser lembrado.
Clásicos... e tamén os que aquí andamos
escribimos en prosa ou en poesía
no "Pico Sacro", que, igualmente, amamos.
Miro Villar e ti,con ardentía,
coidastes a edición. E nós coidamos
que este humilde soneto merecía.
Os Tilos, 15/Novembro/2021
Fernández Abella, Xoán Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora