Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nós na UNESCO

lunes, 06 de diciembre de 2021
A UNESCO celebrou recentemente o seu 75 aniversario, con un ano de retraso por mor da pandemia. A súa directora xeral, Audrey Azoulay, no seu segundo mandato, lembrou o importante valor deste órgano do sistema onusino como plataforma de encontro e diálogo e como expresión da riqueza das voces da sociedade civil.

A relevancia da UNESCO está fora de toda dúbida. Así o recoñeceu o xefe do Goberno Nós na UNESCOespañol, Pedro Sánchez, cando destacou os seus "logros extraordinarios", dixo, lembrando achegas vitais para preservar o patrimonio cultural da Humanidade (Galicia ten as súas referencias, naturalmente, e sabemos da súa importancia).

España conta cunha Delegación Permanente ante a UNESCO que desempeña labores de representación e participación en diferentes ámbitos da súa estrutura. Os seus cometidos abarcan numerosos eidos. A misión, liderada por Exteriores, conta cunha comisión de apoio chamaba a articular o labor da sociedade civil integrada por cátedras, escolas, asociacións, centros e clubs UNESCO. Nesa comisión, que ten entre os seus propósitos reflectir a realidade pluricultural e plurilingüística de España na proxección internacional da cultura española, inclúe a representantes de todas as comunidades autónomas entre os seus vogais. Na práctica, nunca funcionou e o actual goberno está a revisar o modelo, claramente fallado, comezando por ser inexistente en termos reais. Pronto haberá un novo decreto regulador.

O marco actual é claramente insuficiente e asimétrico. A representación de España ante a UNESCO pode e debe incorporar como un dos seus factores estruturadores principais a diversidade cultural da península ofrecendo canles de representación e participación ás diversas culturas que coexisten no territorio do Estado. Hoxe non acontece así. Non hai proxección suficiente desta representación nas diferentes culturas peninsulares nin tampouco sucede á inversa. Sendo a cultura unha competencia autonómica en gran medida, estas deben gozar dun maior protagonismo nas representacións estatais ante organismos culturais internacionais. Este é un tema que debemos levar á axenda pública e política e cabe aproveitar o debate aberto sobre o novo modelo para achegarnos a fórmulas como as existentes en Canadá ou en Bélxica, de xeito que as culturas cunha lingua propia conten con mecanismos axeitados e diferenciados.

A constatación dunha certa dispoñibilidade política no actual goberno para recoller e integrar baixo a fórmula da co-gobernanza unha maior participación das diversas comunidades debera ser aproveitada para garantir unha maior visibilidade da nosa cultura nun foro multilateral da importancia da UNESCO. Sorprende que Euskadi conte cun memorando de entendemento xa dende os 90 (coa UNESCO entón baixo a dirección de Mayor Zaragoza), que Cataluña actualizara recentemente o seu, ou que a Comunidade Valenciana ultime o propio agora mesmo (Juan Andrés Perelló, a piques de deixar a representación española en París é natural desa comunidade).

Nese contexto, precisamos un modelo que contemple tanto mecanismos de coordinación internos para consensuar iniciativas como de representación exterior con posibilidades de acceso directo en función das temáticas sectoriais.

Diversas circunstancias, por tanto, converxen nun escenario moi propicio para que Galicia non quede nin atrás nin fóra. As institucións, oficiais e da sociedade civil, relacionadas coa cultura galega deberían aproveitar este momento. E tamén a propia Xunta, especialmente o departamento de acción exterior, algo podían facer, se lles apetece, vamos. E en paralelo, transcender as limitacións da proxección da UNESCO en Galicia, estruturalmente á baixa unha vez liquidadas experiencias como aquel Correo da Unesco tantas veces gabado, entre outras.
Ríos, Xulio
Ríos, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES