Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A hora de Galicia

lunes, 18 de agosto de 2008
O Bng non perde unha á hora de marcar diferencias. E calquera iniciativa que presenta leva a marca da casa, demostrando que non se dá puntada sen fío.

A última, polo de agora, refírese á hora oficial de Galicia en relación coa do Estado español, solicitando de novo que a nosa hora se acomode ó meridiano que lle corresponde xeograficamente, como Irlanda, como Portugal ou como Canarias.

A hora oficial de Galicia debería ser, xa que logo, unha menos ca actualmente, argumentando os nacionalistas que non só está a cuestión xeográfica senón tamén razóns de aproveitamento da luz solar e conseguinte aforro enerxético.

O goberno segue nas súas, e mantén a hora oficial tal como está, argüíndo razóns de homoxeneidade das comunicacións pero calando na razón principal da unidade do Estado e harmonización interior.

Visto o tema sen desapasionamento, con sentido práctico, con sentido de estado, vai pasar moito tempo ata que o goberno central acepten unha medida deste tipo que ten sen dúbida razóns físicas e territoriais derivadas da amplitude xeográfica da Península, pero oxinaría máis quebradeiros que harmonías no diario vivir dun Estado moderno que se ten que respectar as peculiaridades de todo tipo das diversas comunidades que o conforman, determinados temas deben ser considerados globlamente por razóns prácticas. Tamén teóricas, pero ese é outro debate que por agora non se ten planteado abertamente.

A hora de Galicia seguirá sendo a mesma ca a de todo o Estado español. Agás Canarias, pero as Illas aínda que pertencentes ó mesmo estado, están noutro continente, corresponden ás rexións periféricas da Unión, e teñen diferencias clarísimas, recoñecidas, coas do resto do territorio que, por agora, mantén determinados vinculos entre os que están a mesma hora oficial.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES