Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A nosa etnografía (electrónica)

miércoles, 08 de diciembre de 2021
Veño de ler que Lugo aposta pola fin das cabinas telefónicas. É unha consecuencia lóxica do progreso. Agora penso en como lle vou explicar ao meu afillado Guzmán ou ao meu sobriño Hugo que, cando íamos de vacacións a Cangas, faciamos longas ringleiras ante unha cabina para falar coa familia. Se isto era xa complicado, falar con Vilaxuste (ata os primeiros anos da década dos 90) tiña a dificultade de chamar a un teléfono público; co que, moitas veces, había que chamar dúas veces e facer dúas colas.

Explicarlle isto á xeración de Guzmán e de Hugo é unha obriga. Sobre todo para que practiquen a virtude da paciencia (evitando frustracións) eles que naceron na sociedade do momento.

Cando un obxecto se volve obsoleto, un museo tórnase necesario e un museo é un espazo cultural e educativo destinado non só a comprender os seus xeitos de vida, senón tamén os seus valores.

Ao mellor o que temos que pensar é nun novo reto educativo: como prover a paciencia e a xestión da frustración na sociedade do momento? Pois velaí o valor da historia, que nos ensina que os grandes proxectos levan a sinatura da paciencia e da xestión da frustración.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES