Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 07 de diciembre de 2021
Buscándome

Noto que estou un pouco desesperado, porque me ando buscando. Creo que me perdín onte pola polos recantos dun soño. Non sei moi ben como foi, o que realmente aconteceu; só sei que, hoxe, cando erguín, non me encontrei. Nun primeiro momento pensei no efecto de estar aínda medio durmido, así como medio ido. Seguro que ó Pingas de Orballolavar a cara espertaría dese presunto sono, desa factible modorra. En toda a miña vida sempre tiven ese momento como o inicio real do día: o de lavarme. Mentres non me lavase, para min non empezaba o día. Así é que me lavei. Mireime ó espello e... non me vin! O asunto xa pasaba de castaño escuro. Metín toda a cabeza debaixo da billa. Nada. Os meus xestos xa denotaban angustia. Pegueime con forza dúas labazadas. Nada. Quixen berrar, pero nin o berro saíu. Aínda así se me deu pola retranca ó pensar que, ó mellor, se ouleaba si me escoitaría. Sempre me gustaron os ouleos dos lobos. Eu mesmo, moitas veces, ouleaba no monte; desde o Alto da Lomba, no Medo, e desde a Chaira, en Pinouzos. Por se aquel tamén quixen oulear desde o cuarto de baño. Nada saíu da miña gorxa. Bágoas de orballo empezaron a caer dos meus ollos.
A situación é tan seria que nin me encontro nin me vexo. Xa non sei como actuar. Simplemente ando, paseo, mesmo corro por veces, busco, dou voltas, miro dentro dos contedores, levanto a ollada cara ós balcóns e faiados, penetro nos bosques máis tupidos e sigo sen encontrarme. Penso se non estarei dentro dese soño do principio, pero as labazadas aínda me doen. Non me queda outra que seguir buscándome.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES