Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O valor dunha rampla

viernes, 03 de diciembre de 2021
Declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, e desde o ano 1992, celebramos o "Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional" o 3 de decembro. Podemos engadir a Convención sobre os nosos dereitos ratificada por España no 2007 e, no mes da Constitución, o apartado 2 do artigo 9: "Corresponde a los poderes públicos promover las condiciones para que la libertad y la igualdad del individuo y de los grupos en que se integra sean reales y efectivas; remover los obstáculos que impidan o dificulten su plenitud y facilitar la participación de todos los ciudadanos en la vida política, económica, cultural y social". Difícil entender que con marcos legais tan amplos se siga incumprindo a lexislación.
O valor dunha rampla
Hai temas que por moito que se fale deles, non se esgotan. É o caso da accesibilidade, tamén amparada por normativas autonómicas e provinciais. A súa falta esténdese a todos os ámbitos vulnerando a igualdade de oportunidades. Pola contra, a coñecida como accesibilidade universal asume a diversidade humana ao tempo que mostra a calidade de vida que unha sociedade ofrece aos seus membros. As mellores solucións sempre están baseadas nun deseño para todos.

Os grandes proxectos son importantes e máis vistosos á hora da inauguración, pero no día a día necesítanse plans sinxelos para ir á librería, a un salón de peiteado, á farmacia, a panadería, etc. As ramplas, salvando pequenos desniveis verticais, permiten o acceso non só a persoas con mobilidade reducida; tamén a persoas maiores, coches dos nenos e, en xeral, a toda a cidadanía. Evitan actos discriminatorios cotiáns de forma rápida, cómoda e sen facer grandes inversións. Non obstante, a decisión de construír unha rampla non debe tomarse a lixeira. Se non cumpre os parámetros necesarios, máis que solucionar un problema pode empeoralo xerando risco e inseguridade.

Vivir sorteando obstáculos agudiza un sentido crítico, pero tamén de agradecemento cando se encontra o camiño despexado porque un simple chanzo xa limita a autonomía. Non é fácil explicar como unha rampla pode chegar a ter a súa parte emotiva. Ao encontrarse con ela asoma a tan ansiada igualdade de oportunidades e ábrense as portas a un mundo inclusivo. Estou a falar por experiencias recentes.

A accesibilidade vai moito máis alá e son variadas as razóns que a xustifican. A principal é que o esixe a lei, pero ademais aporta outras vantaxes que melloran a imaxe de calquera establecemento. As dificultades, os accidentes, a vellez... forman parte da vida así que, como aviso a navegantes, mellor estar preparados. Trátase dun ben común. É curioso que cando hai combinación de escaleiras e ramplas tamén se utiliza a rampla demostrando que o que serve para nós, serve para o resto dos cidadáns. Neste "Día 2021" remato cun lema de Tahis Frota, arquitecta especialista: "Si un lugar no permite el acceso a todas las personas, ese lugar es deficiente".
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES