Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (4)

miércoles, 01 de diciembre de 2021
Dimensión relixiosa do Santuario da Virxe da Saúde
Descrición artística do Santuario

Trátase dunha igrexa parroquial, de finais do século XII, que conserva a súa planta primitiva. Os seus muros son de sillería disposta en fiadas horizontais e a súa techumbre é de madeira a dúas augas cunha cuberta de tella. Consta dunha nave rectangular, cuxo alero exterior está decorado con canzorros lisos e xeométricos, e unha ábsida do mesmo trazado e con dimensións máis reducidas. Ambas as dúas estancias están iluminadas por unha pequena ventá de arco de medio punto, que se encontra no muro da cabeceira, e amosa un pavimento de laxas graníticas.

No exterior desapareceu a porta principal con motivo das obras realizadas na parte frontal da igrexa. Tiña un arco semicircular con dovelas, colocado directamente sobre as xambas, arquivolta de baquetón, imposta sinxela e unha orde de columnas acodadas con capiteis moi sinxelos.

No interior da igrexa hai un arco triunfal de época posterior, e unhas pinturas murais de finais Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (4)do século XVI, que apareceron cando se quitaron os retablos centrais e remozaron as súas paredes interiores. As pinturas reflicten dúas esceas do Novo Testamento. Unha delas fai alusión "ao lavatorio dos pés", mentres que a outra fai referencia "a oración no horto".

Dos tres retablos existentes só quedan as esculturas de San Pedro cunha gran chave na man esquerda, tiara de tres coroas e capa pluvial; e San Roque, do século XVII (1).

A festividade e procedencia dos Devotos
A festa adicada á Virxe da Saúde celebrouse sempre o primeiro domingo e lúns de setembro. Sen embargo hai uns 25 anos sendo párroco D. Ramón Penela Casañé -xa finado- os veciños da parroquia foron convocados, logo da misa, polo seu veciño Pablo Gómez coa finalidade de que realizasen unha votación para pedir o posible troco ou non da festa do lúns para o sábado anterior, ficando a do domingo dun xeito permanente.

O principal motivo da votación era por motivos laborais, xa que un bo número de veciños da comunidade parroquial non traballaba os sábados Pois ben, o resultado da votación foi favorable ao cambio. Sen embargo cómpre dicir que, segundo os veciños de máis idade da parroquia, o lúns era

o día no que acudían maís devotos doutras parroquias para realizar formular diferentes promesas á advocación mariana.

Os Pedimentos
Os pedimentos máis usuais adoitan facerse por doenzas humanas. Sen embargo, os devotos tamén formulan rogativas de carácter preventivo non só por doenzas, senón fronte a crises da propia facenda ou problemas de índole familiar e social. Ás veces, os pedimentos adoitan levarse a cabo por fieis que non poden acudir ao santuario por razóns de índole físico e psiquico.

As Promesas
A unidade básica de relación entre os devotos e a imaxe sagrada para acadar unha serie de beneficios é a promesa. Esta consiste básicamente nun contacto directo e sagrado de forza moral entre a persoa e Deus, por medio de Cristo ou dunha serie de intermediarios ou mediadores como son as diferentes advocacións marianas e os santos. "Para chegar con máis seguridade a ese Deus, non sempre persoal, o galego bota man dos santos e da Virxe..." (2).

Polo tanto a promesa á divindade reproduce dun xeito claro o sistema social vixente, no que Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (4)se moven dunha maneira xeral as relacións humanas en función do sentido da reciprocidade pragmática e na actuación de mediadores ou intermediarios. Estes teñen como finalidade lograr certas metas a cambio de cartos ou dunha posterior prestación cando chegue o momento axeitado. "Cando o campesiño mercantiliza as súas relacións relixiosas... o que tenta é traducilas a unha dialéctica coñecida, que lle proporciona dúas vantaxes fundamentais: a comprensión pragmática dunha interacción, de por si misteriosa, entre o natural e o sobrenatural, e unha certa seguridade ou dereito emanante da reciprocidade co intermediario" (3).

Podemos distinguir tres modelos de interacción entre os devotos e a divindade:
1º. A promesa é condicional, é dicir, o devoto acada o pedimento dalgún dos diferentes símbolos da divindade: Cristo, as diferentes advocacións marianas e os santos. Logo, este leva a cabo a promesa. Trátase dun cumprimento "a posteriori". A este tipo de promesa dáselle os nomes de "Ofrenda condicionada" (4) e "Petición Condicional" (5).

2º. Algúns devotos veñen pregar, suplicantes, a mediación dalgún dos mediadores da divindade, xa mencionados, ante calquera problema cumprinco cunha serie de rituais e ofrendas. Neste caso os distintos rituais e ofrendas, que os devotos realizan, teñen lugar denantes de que lles sexa concedia a petición. Este tipo de promesa recibe tamén os nomes de "Ofrenda propiciatoria" (6) e "Devoción peticionaria" (7).

3º. Finalmente, hai fieis que acoden todos os anos por algunha rogativa concedida pola divindade noutrora. A este tipo de promesa dáselle tamén o nome de "Ofrenda de acción de gracias" (8).

NOTAS:
1. N.R.C: "Frameán. Monterroso", en Inventario Artístico de Lugo y su provincia. T.III. Ministerio de Cultura, Madrid, 1980, páxs. 136-138.
2. MOREIRAS SANTISO, Xosé: "A relixiosidade popular no sector rural", en Rev. Encrucillada, nº9, ed. Sept, Vigo, 1978, páx. 64.
3. GONDAR PORTASANY, Marcial: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e nós-outros. Nós os galegos. Vigo, 1993, páx. 153.
4. GONDAR PORTASANY, Marcial: "Racionalidade campesina y Relativismo cultural", en Antropología y Racionalidad. Ed. Sálvora, Santiago, 1980, páx. 60.
Crítica da razón galega, 1993, páx. 154.
5. WILLIAM A.CHRISTIAN, Jr: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español. Madrid, Tecnos, 1978, páx. 134.
6. GONDAR PORTASANY, Marcial.
Ob. cit., 1980, páx. 60.
Ob. cit., 1993, páx. 154.
7. WILLIAM A. CHRISTIAN, Jr: Ob. Cit., 1978, páx. 134.
8. GONDAR PORTASANY, Marcial.
Ob. cit., 1980, páx. 60.
Ob. cit., 1993, páx. 154.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES