Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Qué sería de Nós?

jueves, 02 de diciembre de 2021
Estou pensando que o ser humano é moi dado a queixarse.
Raro é o día que non nos queixamos por algo tanto a nivel persoal como a nivel social:

- Queixámonos de nós mesmos.
- Queixámonos dos nosos proxenitores.
- Queixámonos do profesorado.
- Queixámonos dos sanitarios.
- Queixámonos dos servizos públicos.
- Queixámonos dos impostos.
- Queixámonos da Igrexa Católica.
- Quexámonos das autoridades civís.
- Queixámonos...

Con tódalas queixas que poidamos ter, tamén temos moito que agradecer e non sempre mostramos agradecemento; porque non caemos na conta de que:

QUEIXÁMONOS DE NÓS MESMOS EN LUGAR DE CORREXIRNOS.
Recoñecemos que non somos perfectos; pero aínda así, queremos disfrutar e gozar do milagre da vida.
Disfrutar e gozar da vida desde a máis tenra infancia agradecendo as correcccións que nos fan as persoas coas que nos encontramos.


¡CANTO AGRADECEMENTO DEBEMOS ÁS PERSOAS QUE NOS CORRIXEN, QUE NOS ACONSELLAN, QUE NOS ORIENTAN, QUE NOS MOSTRAN O CAMIÑO!

Nunca a obrigación lles pagamos.

E tamén ás que nos esixen esforzo á hora de adquirir coñecementos e formación como fai o profesorado.
SE O PROFESORADO NON NOS ESIXIRA...
¿Que tipo de profesionais seríamos?
¿Qué nivel terían os nosos médicos, os nosos mestres, os nosos sacerdotes, os nosos profesionais en xeral?

Uns profesionais que nos axudan moito son os sanitarios.
Fan todo canto poden aínda que non poidan facer todo o que queren.
¡Moito agradecemento lle debemosós profesionais da saúde!

E tamén ó funcionariado en xeral.

Con tódalas deficiencias que poidan te-los servizos públicos, son unha bendición da que disfrutamos os países máis desenrolados.

Para sustentar os servizos públicos, hai que pagar impostos.
Son as dúas caras da mesma moeda.
¡Felices se os podemos pagar!

A Igrexa Católica tamén é un servizo aberto a todos os que se queiran acoller a ela; non é perfecta pero tén moitos santos.

NON EXISTE NINGUNA INSTITUCIÓN PERFECTA PORQUE O SER HUMANO NON É PERFECTO.

Pero a historia dinos que a Igrexa deixa aportado moito á humanidade, por eso tén moito peso; aínda que tamén teña inimigos.

As autoridade civís, igual que as eclesiásticas, tamén teñen defectos pero son moi necesarias.
NON SON PERFECTAS; PERO FAN UN GRAN SERVIZO Á COMUNIDADE.
Os subordinados tampouco somos perfectos.
As autoridades velan polos nosos dereitos e elas tamén merecen respecto porque son as encargadas do ben común do que disfrutamos todos.

Se non houbera autoridades, nin institucións, nin pais que correxiran ós fillos, nin mestres que se encargarn da nosa formación intelectual, nin médicos que curaran as nosas doenzas, nin os restantes profesionais...
¿Qué sería de nós?
Viviríamos como na PREHISTORIA; pero eses tempos xa pasaron.
Agora toca evolucionar.

"TOCA EVOLUCIONAR"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES