Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día da Xuventude, sen xuventude

miércoles, 13 de agosto de 2008
Podemos celebrar galegos e europeos o Día Internacional da Xuventude, proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999, e temos que enterarnos da celebración porque a Dirección Xeral da Xuventude da Vicepresidencia conta os que considera os seus triunfos.

Os rapaces celebran o seu día, e nin se enteran. Aí están as palabras grandilocuentes das diversas administracións que falan do potencial de mozas e mozos, os seus logros, a participación da mocidade no desenvolvemento da sociedade. Contos. Música celestial. Palabras e só palabras que pasan desapercibidas en Galicia e fóra.

Quere a Dirección Xeral da Xuventude que vivamos un tempo novo para a mocidade galega, pola nova orientación da súa política... E o certo é que os problemas dos rapaces seguen a ser os mesmos, podendo asistir ós mesmos campamentos que no seu momento organizaba o Frente de Xuventudes, ás concentracións multitudinarias arredor dos ordenadores que tan ben veñen funcionando desde que Internet é Internet, disfrutar dos locales de ensaio para a mocidade nos que os grupos musicais xa poden tocar os seus instrumentos con comodidade, e instruirse nos centros nos que se enseñan temas íntimos que sempre se aprenderon en sociedade e agora tamén intervén a Administración como entendida na materia.

Posiblemente ningún xove celebrou o día da Xuventude, ó mellor porque a Xuventude – futuro- é moito máis do que a Administración pensa que é.

Posiblemente a Xuventude, con toda a súa problemática, mereza máis ca unha Dirección Xeral... Quizais unha Consellería, porque a Xuventude é tanto coma o Campo, a Industria, o Medio Ambiente ou a Saúde.

Xuventude é o que fomos e o que país vai ser. Nin a Xuventude se conmemora nun día, nin unha dirección xeral parece poder facer máis pola xuventude ca organizar campamentos, algún que outro certame, locales de música, encontros de Internet e demostracións de artiluxios sexuais.

Pobre Día da Xuventude, vello antes de mocear.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES