Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 01 de diciembre de 2021
Ars Médica

Cando me convertín nun asiduo lector da biblioteca de Baños de Molgas chegou un momento no que tiven que pillar libros de a feito. Porque todo o que máis ou menos pensaba que me gustaba xa o lera, así como tamén os libros máis voluminosos, para que me durasen. Cheguei Pingas de Orballoa ler libros de agricultura, de filosofía, mesmo creo que de química (que nunca me gustaron as ciencias), pero non lembro ler de medicina. Esta é unha materia que só que sexa polos nomes das súas enfermidades, fármacos ou tratamentos, hai que recoñecer que tira para atrás.
Non obstante, hai uns días asistín á presentación dun libro de medicina, "Ars medica", nunha céntrica libraría da cidade das burgas. Sinceramente, fun á presentación porque o autor era amigo e porque a súa muller era veciña de Baños de Molgas. Esta amizade e esta veciñanza foi a causante de que me agasallaran cun exemplar, dedicado, faltaría máis. Que lin, por suposto. E que a pesar de que a medicina, en xeral, e a dermatoloxía, en particular... pois o que dicía ó principio, ó final acaboume gustando. Non o digo por cumprir. A proba é que a primeira parte do libro (está dividido en seis partes) confeso que me custou bastante o lela. Pero xa cando Jesús Bastida, o autor, optou por falar máis da relación médico-paciente, a base de casos e de anécdotas, aí xa mesmo se volveu moi amena a lectura. Ó final, "Ars medica" amosoume que aí hai moitos anos de experiencia e que a relación física de médico e paciente é esencial en toda a medicina e creo que con maior motivo na especialidade da dermatoloxía. Libro bonito e recomendable.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES