Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Curas na cadea (Historia da persecución franquista)

lunes, 29 de noviembre de 2021
Se a Igrexa xerárquica e o clero foi un alicerce da vitoria franquista e un amparo na longa permanencia do nacionalcatolicismo durante a ditadura, houbo excpecións moi significativas, moi criticadas, o máis posíbel esquecidas e, cando sobresaían na denuncia da represción franquista, duramente castigadas.

Houbo bispos que non firmaron a carta da defensa do golpe militar e da guerra como cruzada. Curas na cadea (Historia da persecución franquista)A maior parte do Clero Vasco defendeu a República contra os golpistas, e membros signifcados do resto do clero defenderon as autoridades republicanas legítimas.

A resposta de Franco foi: os bispos que non firmaron, non puideron volver, 17 sacerdotes vascos fusilados sen seren procesados, 200 procesados con duras condenas, desterrados, e máis de 800 axiliados. No resto de España tamén actuou coa mesma dureza, exiliados, encarcerados e asasinados, dous na nosa diocese.

Ora ben, a Xerarquía da Igrexa tivo a Franco como Salvador. Se o Estado condenou o golpe militar e se a Lei prohibe todo acto de honra ao ditador e á súa memoria, como é que non só non pide perdón por defender a guerra fratricida como Santa Cruzada, e siga a celebrar misa na súa honra, promovendo alabanzas a súa memoria?.

Estrenamos no cine Duplex a película documental APAIZ KARTZELA (Curas na cadea). 53 sacerdotes de Cataluña, Madrid, Galiza e País Vasco, foron encadeados nos anos sesenta e setenta do século pasado por Franco, que lles habilitou unha cárcere, chamada Cárcere Concordataria de Zamora en condiciones pésimas, por denunciar as inxustizas, as torturas e crimes franquistas. Fainos lembrar o despotismo infame deste ditador que aínda lembraba aquel comportamento similar cos curas vascos transportados en agosto de 1939 a prisión de Carmona, Sevilla.

Nesta de Zamora temos de protagonistas a dous compañeiros nosos, Nicanor Acosta e Vicente Couce.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES