Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre a violencia contra a muller

jueves, 25 de noviembre de 2021
A violencia contra as mulleres é unha das violacións aos dereitos humanos máis x0eneralizadas, persistentes e devastadoras do mundo; pero tamén é a forma máis extrema de discriminación, con graves consecuencias físicas, económicas e psicolóxicas para as mulleres a curto e longo prazo.

Por iso, como cada 25 de novembro, con motivo da conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, a Xunta de Galicia amosa o seu firme compromiso coa erradicación de calquera tipo de discriminación que permita que esta violencia persista na nosa sociedade.

A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller aprobada na Conferencia Mundial de Dereitos Humanos de 1993 foi o primeiro instrumento internacional que abordou de forma explícita a violencia exercida contra as mulleres e estableceu un marco para a acción nacional e internacional que foi evolucionando cada ano. Previr e pór fin á violencia exercida contra as mulleres é un obxectivo prioritario e
irrenunciable. Neste senso, leváronse a cabo accións que o tempo demostrou esenciais, como a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero; a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ou o Pacto de Estado contra a violencia de
xénero do ano 2017.

Estas iniciativas marcaron un antes e un despois na concepción da violencia de xénero e posibilitaron identificala, dotar de recursos asistenciais o apoio integral ás mulleres vítima e traballar con tesón e contundencia na súa erradicación da sociedade. Unha concepción que se segue ampliando co consenso de todos os partidos políticos e de
todas as forzas sociais.

Mostra deste avance cohesivo que segue a facer Galicia foi a aprobación no Parlamento, o pasado 13 de xullo de 2021, da modificación da Lei autonómica para recoñecer lexislativamente a violencia vicaria como outra forma máis de violencia de xénero; ou a aprobación, o 23 de novembro de 2021, da reforma desta mesma lei para incluír a violencia dixital na lexislación galega e así loitar contra as condutas violentas exercidas
a través das novas tecnoloxías.

Nun día coma o de hoxe, queremos lembrar a todas as vítimas da violencia de xénero, os seus familiares e amigos e todos aqueles que sofren as consecuencias destes ataques aos dereitos fundamentais que, por lei, ten todo ser humano. Pero especialmente queremos recordar a Mónica, a muller galega asasinada este ano nas mans da que era, aquel momento, a súa parella.

Tamén nos acordamos de todas as mulleres que seguen sufrindo en silencio calquera forma de maltrato. Romper o círculo da violencia machista é posible, ten porta de saída.

Por iso, empezando polos poderes públicos, pedímoslle tamén ao tecido asociativo, e á sociedade no seu conxunto, que sexamos quen de mantela sempre aberta. Para que ningunha muller sinta nunca que está soa.

É imprescindible escoitar a voz e as experiencias das mulleres, das mozas e das nenas, para ter en conta as súas necesidades e perspectivas, especialmente as superviventes e aquelas que afrontan múltiples formas de discriminación. E por iso o Goberno galego alenta a toda a sociedade galega, desde a mocidade ata as persoas de maior idade, a
manter o espírito de unidade para que, xuntas e xuntos, logremos acadar dunha vez por todas a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e a erradicación completa e absoluta da violencia de xénero.

(DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA XUNTA DE GALICIA CON
MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO, O DÍA INTERNACIONAL DA
ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER )
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES