Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 26 de noviembre de 2021
A chegada do AVE

Xa chegou o AVE a Ourense! Xa está, xa está todo solucionado. Vainos cambiar a vida de tal maneira que nos dá igual que a estación sexa ou non sexa. Porque seica aínda tardará cinco anos en ser. Que máis dá, coma se temos que baixarnos no apeadeiro de Cantoña, en Paderne de Allariz. Isto faime lembrar a aquel detalle que contaban de nós os americanos Pingas de Orballocando descubriron o Cuartel Xeral do Exército do Aire, en plena Moncloa madrileña, que dicían que tiñamos o mellor ministerio do mundo, pero que non tiñamos avións. Agora Ourense ten o AVE pero sen estación. E tan felices. Claro que case é normal. Logo de case vinte anos ou sen case que chegue o AVE a Ourense, é comparable, ou máis aínda, que cando chegaron os ianquis á lúa. Menos mal que aquí sempre soubemos conformarnos coas migallas que vai deixando o Goberno Central. Desde que o mundo é mundo. Lembrade tamén a autovía A-52.
Aquí somos tan humildes que nos dá igual que nos ignoren. Sobre esa mesma chegada do AVE, lembro cando aconteceu o que chegou a Sevilla, que durante días os medios de comunicación consagráronse de tal maneira ó evento que mesmo semellou que non había nada máis alá que iso. Mentres que a chegada dese tren que pasa como un alustro á nosa Comunidade, para o xornal con máis tirada nacional só lles mereceu un recantiño nas páxinas de Economía. E se isto lle pasa a un medio de comunicación, que o seu cometido é informar, imaxinade a toda esa camándula institucional, dos que moitos non estarán moi seguros para que punto cardinal queda Galicia. Certo, que máis dá, a nós chegounos o AVE, e punto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES