Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 25 de noviembre de 2021
Todo se pega

Estou lendo unha novela de romanos e todo se pega. Véxome coma un centurión da lexión de Decio Junio Bruto que desexo loitar contra as hostes inimigas, aquelas que veñen do norte. Claro que o meu desexo é moi pobre, pois case non podo coa espada e por iso nin quero escudo. Bastante teño con suxeitar a maldita gladius coas dúas mans. Tamén levo moi mal o da minisaia que nos fan vestir, porque teño que ensinar as canelas e, as pobres, dan pena. E non digo xa o frío que padezo. Este, tan axiña como podo, intento alivialo nas termas de Baños de Molgas. Que ninguén esqueza que Baños de Molgas ten termas de auga quente.
Pingas de OrballoNon obstante, ás veces non me queda outra que marchar á guerra. Mentiría se diría que marcho contento, pero tampouco me arrugo. Iso si, despídome da miña xente cun nó na gorxa e intento disimular catro bágoas que queren asomar. Agora mesmo vou camiño da batalla. Non tardamos en atopala. Alá, en Sudalomba, xa vemos os estandartes de todo un exército de bárbaros. Para escorrentar o medo berro, berramos coma se se nos fora a vida. Eu case noto que se me vai, se non intento moverme. Quero alzar a espada e, cando a teño sobre a cabeza, caio co esforzo. Levoume dous segundos pensar que, ó mellor, se non me movía máis, se facía o morto ata poida que salvase a situación. Dito e feito. Cando se fixo o silencio enzoufeime co sangue dos compañeiros para entrar, máis tarde, na vila do Arnoia e das termas, coma un heroe, coma o gran centurión do monte Medulio, agora chamado Medo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES