Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mulleres invisibles

jueves, 25 de noviembre de 2021
A visibilidade supón un paso importante cara a comprensión social da diferencia. O colectivo de persoas con diversidade funcional é invisible en moitos aspectos. Se nos referimos á muller e invisibilidade é aínda maior. Esta situación leva a que vulnerar a súa faceta privada sexa algo normal. No seu mundo campan facilmente a inxustiza, a explotación, o maltrato e o abuso. Tamén a violencia estrutural coas dificultades de accesibilidade para realizar distintas probas médicas, por exemplo.
Mulleres invisibles
Se as persoas con diversidade funcional, en xeral, viven situacións continuas de discriminación; no caso das mulleres, é fácil que se solapen distintas vivencias. Así o di a definición aportada pola Oficina do Alto Comisionado de las Naciones Unidas para los Derechos Humanos (ACNUDH): "La violencia contra las mujeres y niñas con discapacidad abarca la violencia practicada en forma de fuerza física, coacción legal, coerción económica, intimidación, manipulación psicológica, engaño y desinformación, en la cual la ausencia de consentimiento libre e informado constituye un componente fundamental". Baixa autoestima, maiores dificultades para acceder aos recursos, pouca credibilidade cando deciden denunciar, imposibilidade de defenderse fisicamente, medo a non poder realizar as actividades básicas da vida diaria, vivir no rural, etc. propician un campo de cultivo.

Representan un grupo sobre o que pesan prexuízos no ámbito familiar, escolar, laboral e social. O concepto de violencia de xénero é difícil de delimitar. Adopta múltiples formas e a invisibilidade é unha máis. Alcanza cifras alarmantes que posiblemente sexan aínda superiores por desenrolarse en contornas pechadas. Certo que hai unha maior concienciación social sobre a necesidade de intervir coas que chegan a unha discapacidade como consecuencia dun acto de maltrato, pero non tanto coas que o sofren precisamente por ter a discapacidade. Son escasos os estudios e non aparecen, ou moi pouco, nas estatísticas publicadas. Faltan os seus datos para que a información sexa completa.

Xénero e diversidade funcional non se consideran habitualmente nas políticas en materia de violencia. Ademais a discapacidade tapa case sempre outras dimensións da muller. A vulneración dos dereitos é unha constante por non ter en conta as súas particularidades, aínda que van aumentando os Plans de Acción con programas dirixidos a informar, asesorar e protexer.

O avance é moi pequeno cando, ano a ano, hai que repetir as mesmas reivindicacións. En actos relacionados co mundo da muller, sempre boto en falta algunha alusión. Podo constatar que case nin se lles menciona. Como non se ven, non se teñen en conta. Neste 25 de novembro, unha vez máis, toca loitar para que se visibilicen as violencias silenciadas. Urxe incorporalas aos foros de debate, garantir que as campañas que se promoven sexan accesibles e, o máis importante, potenciar a figura da asistencia persoal.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES