Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que facemos?

jueves, 25 de noviembre de 2021
Todos queremos mellorar o noso nivel de vida.
Por eso os estudiantes se esmeran tanto por adquirir coñecementos e unha formación que lles permita vivir dignamente o día de mañá.

Realmente hai moitos estudiantes que se toman o estudio moi en serio, son moitos os que se desvelan por sacar boa nota, por respectar ós compañeiros e, como non, por seguir puntualmente as directrices marcadas polo profesorado.

Porque:
A rapacería de hoxe en día, para defenderse ben na vida, tén que empregarse a fondo.
Non basta con ser mediocre, hai que destacar para poder alcanzar un bo posto na sociedade.

Noutros tempos, só os máis brillantes ou os máis afortunados accedían ós estudios, o resto amañabase con aprender un oficio ó carón dun oficial ou seguindo a tradicción familiar.

Hoxe en día a formación académica esixe estudiar arreo.
Aínda así... todo canto se estudia non é suficiente para satisfacer as necesidades da vida cotiá.

Estamos precisando urxentemente recuperar os oficios: carpinteiros, fontaneiros, albaneis, camioneiros, personal de limpeza, zapateiros e outras moitas profesións que se deixaron de lado pensando que non eran importantes ou que non eran tan necesarias.

A verdade é que son moi importantes e tamén moi necesarias, tanto que: os que se dedican a esas profesións están moi solcitados e gáñanse moi ben a vida.

É un erro pensar que unhas profesións son menos dignas que outras:
QUEN DIGNIFICA AS PROFESIÓNS SON OS PROFESIONAIS QUE AS REALIZAN.

A sociedade está dando moitos cambios: noutros tempos era o home quen accedía, principalmente, á vida laboral; hoxe en día xa caemos na conta de que todos precisamos ter un posto de traballo que nos garantice o noso sustento.

Os traballos que noutrora facían as mulleres, hoxe fanos ámbolos dous sexos.
E cos traballos que antes facían os homes, pasa outro tanto.
Neste sentido a sociedade está "madurando".

ESTAMOS CONSTRUÍNDO UNHA SOCIEDADE BEN DIFERENTE Á DOS NOSOS AVÓS.

Pero esto non significa que sexa unha sociedade perfecta.
Somos moitos os que nos queixamos da falta de respecto que se observa en moitos ámbitos da vida.
Porque todos sabemos que:
-Algunhas criaturas fanlle a vida imposible ós seus compañeiros de clase, o que deu en chamarse: "bulling".
Neste caso ten moito que ver a educación que se recibe nas familias.
As familias de hoxe ne día delegan demasiado a educación dos fillos en mans alleas.

NON O ESTAMOS FACENDO BEN.
A EDUCAIÓN RECÍBESE NA CASA.

-Tamén hai adolescentes e non tan adolescentes que queren controlar a vida dos amigos: a meneira de vestir, o uso dos móbiles, o que fan ou deixan de facer...

-E tamén algún xoves cometen erros moi graves como as violacións e outros actos delictivos.

-E, por se todo eso fora pouco, o peor de todo é a violencia de xénero que está á orde do día.

-E aínda máis... adiccións, drogas...

Desta maneira non chegamos a bo porto.

Non basta con ter un posto de traballo, nin con manexar máis cartos; tamén son moi necesarios os VALORES UNIVERSAIS DE CONVIVENCIA para PODER VIVIR E DEIXAR VIVIR:

TRATAR ÓS DEMAIS COMO NOS GUSTARÍA QUE NOS TRATARAN A NÓS.
Esa verdade tan básica que aprendíamos no catecismo desde nenos os que agora peiteamos canas.

Pero nestes tempos, esquécense ou ignóranse estas cousas tan básicas.

Incluso se ignora que:
"A VIDA É UN BEN SAGRADO QUE MERECE SER VIVIDA NUN AMBIENTE DE CORDIALIDADE, CARIÑO, RESPECTO, AMOR..."

¿Qué hai máis bonito que sentirse amado?

¡CANTO AGRADECEMENTO LLES DEBEMOS A TANTAS E TANTAS PERSOAS QUE NOS AXUDAN NAS NOSAS NECESIDADES, QUE NOS FAN A VIDA AGRADABLE, QUE NOS AMAN...!

Esas persoas merécennos moitísimo cariño.
¿Qué sería da nosa vida sen elas?

¿QUE SERÍA DE NÓS?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES