Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 23 de noviembre de 2021
Análise desde o Mazadoiro

Souben que ó chegar ó mazadoiro que estaba a uns dez metros tiña que sentar. Cheguei e sentei. E desde ese momento quixen analizar a realidade de quen son eu, sen saber, por suposto, se vivo na realidade e se teño realmente unha conciencia. Isto déixoo para os eruditos da materia, para aqueles que cunha simple ollada xa te catalogan. Ás veces é certo que sae a pascua en venres. E seino por experiencia. Por experiencia errónea, claro. A Pingas de Orballomáis dun téñoo catalogado de inepto, estúpido, paspán e demais sinónimos para, máis tarde, descubrir que era unha boa persoa. Aínda que hoxe por hoxe o de boa, boa persoa... Deixémolo aí.
No mazadoiro ata case confeso que son eu, precisamente eu, un dos maiores paspáns. Que son eu realmente? Unha folla de carballo que se ve impulsada polo vento, ou sexa, coma un monicreque? Un sentimental á sombra dun castiñeiro soñando unha historia que nunca se dará? Un pasmón que anda pola vida buscando o que non merece? A miña conciencia esperta cun pequeno chouto para crer que iso tan só foi un pesadelo, que eu realmente non son así. Apoio as palmas das mans no mazadoiro e sinto a friaxe da realidade. Desa realidade esperta que me amosa que certos pensamentos non teñen razón de ser. Que eu, precisamente eu, vivo a corpo de rei nun soño mil veces inventado e cen veces escrito. Porque o souben sempre, seino e sabereino que soñar é bonito. Que conciencia, que realidade nin que rabo de gaitas. A miña conciencia está limpa! E é miña! Ergo do mazadoiro e sigo na procura dese soño bonito. Seguro que acochou na conciencia deste bendito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES