Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (11)

lunes, 29 de noviembre de 2021
A los veraneantes Elías Pita, Baíto, familia Donapetry, D. Armando e señora Laina, familia Pernas, Carlos Pedrosa, Mariano Polo.. y tanta otra buena gente que nos hizo felices, uns "in memoriam", e outros con gratitude.

Volvendo ó noso: As verbenas duraban ata as dúas e media ou ata as tres da mañá. E cando un é novo o mellor que ten son as rapazas e os soños de acadar o seu intrés, a ver se nos fan caso. Ás rapazas do pobo xa as coñocíamos, así que a novidade eran as forasteiras, fosen doutros pobos, fosen turistas. Certo é que na Vila había fermosas mozas, e proba delo é que moitas delas tiñan pretendentes doutras vilas, pero se se abría o abano moito mellor.

No tarreo das relacións nada tiñan que ver co que agora din que sucede. Certo é que había misterios de embarazos e cousas parellas, pero o común era manterse fisicamente moi distantes. Daquela os chuchos eran cos ollos, na mentras non pasaba unha longa tempada; e collerlle a mau equivalía a compromiso de boda. Así que moito houbo que andar. Claro que había relacións sexuais, pero con moito medo a ser descubertos ou o embarazo. A ignorancia nise campo, instigada nese caso polos curas e a súa teima da educación no pecado, eran un freo antinatural, pero moi marcado.

Asi que nos bailes usábase a cuarta como medida de distancia, os codos co armas de defensa anti arrimamento e outras variacións para espantar moscós. Certo tamén, como noxento, os intentos de acoso e derribo de moito macho ibérico, acomplexado, ruin e miserable, adicado a falsedade e ó abuso ante a inocencia. Dentro da normalidade, estaba o sistema de ir a sacar a bailar por parellas de rapaces a rapazas.

Na Travesia a verbena, amén da música axeitada para a ocasión, o bulicio da xente tiña moitas veces que termar dos escasos coches que lles permitían circular por ela; os bares, con persoal de reforzo, ateigados ata os topes, non daban feito; as luces das artisticas arcadas e a troula de maiores e pequenos enchían de ledicia aquelas horas que quedaban grabadas na memoria das xentes. Aínda hoxe resoan músicas, persoas, situacións, flases de ledicia… na memoria colectiva. Pouco fuxe, só o que se quer esquecer. E o baile sempre remataba con música marchosa para que deixara os corpos derreados. Coa xente nova non era doado.

Moitos viveireses éramos socios do Casino. Así que podíamos segui-la troula no Casino vello. Sempre houbo bailes durante as festas. Desde o asalto, o día do San Pantaleón, ata os das festas propiamente ditas, pasando lóxicamente polo Nadal e o Antroido. No vrau era habitual que alí tocasen "Os Pontinos", afamado grupo de Ourense, que nos gostaba moito.

A moita xente oin falar dicindo do Casino que era clasista; non embargantes, as cousas cada un viveas á súa maneira. Se o penso friamente, poido aceptalo, e como tal parecía que o querían manter os clasistas vilegos, mais o certo é que a economía de mantemento obrigaba a ter cuotas que non eran excesivamente caras para a economía da zona. E a proba era que había moitos vilegos asociados. Aparte diso, nunca vin nil outra cousa que un lugar de lecer xa decrépito. Para mín o Casino, a máis de estar frente a miña casa, era un bar e lugar moi familiar, onde en festas señaladas había bailes. Se era vrau, os vilegos alternábamos cecais cos veraneantes, que viñan sendo xa moi familiares polos anos de fidelidade ó pobo. Eran noites de lecer moi fermosas. Ata, se facía bó tempo, bailábamos naquela terraza ó ar libre esquecendo o monótono e insoportable inverno de traballo ou de estudante. Eran tempos de dazaoito ou vinte anos onde as hormonas confundían as presas do amor, as ilusións, e os labios dicían cousas que falaban da inocencia e de esperas imposibles. Eran intres de soñar sen pensar no mañá; de crer nise amor falangueiro do que cantan os boleros; de percibir olladas furtivas ou lascivas que só quedan no segredo de cada un. Era lugar onde a xuventude era un plus de simpatía e lugar de ilusións de casadas insatisfeitas, sempre recatadas e simuladoras. As risas sen motivo, as verbas caladas e as verdades mintireiras ou inocentes. Alí era posible esperar por unha ollada que non chega, de compoñer cancións sen saber nin música nin cantar. Foi un paraiso no que vivimos moitos soños.

Cando se fala das crases sociais, e das diferenzas entre nativos e forasteiros, cómpre ser un pouco máis profundo no análese. Tratar de facer divisions só son xeitos de racismo clasista, de arriba para abaixo e de abaixo para enriba, pero o certo é que os vilegos sempre gostábamos de falar cos forasteiros porque viñan doutro mundo. Na vila viaxábase pouco. Os veraneantes, en moitos casos, eran xente preparada, vivían en capitales, manexaban cartos, vestían ben e, sobre todo, eran e siguen a ser fieles co seu compromiso coa nosa Vila. Sagas familiares enteiras siguen a disfrutar tódolos anos das nosas praias e do noso Pobo e nós sentimos a ledicia de desexarlles o mellor sempre. Moitos deles fixeron moi boas migas cos nativos e establecéronse co tempo lazos sólidos e entrañables relacións de amistade por riba de estúpidas convencións clasistas. Persoeiros moi importantes consideran amigos seus a algúns vilegos dignos da súa confianza, e istos sinten o orgullo do mesmo sentimento, ou, chegado o caso,sábense valedores mutuos. Na memoria colectiva están os amores e as vivenzas amistosas en un ambiente de fraternidade.

Na xuventude de finais dos sesenta e primeiros do setenta do pasado século, as verbenas eran o cumio da diversión. Ben estaba ir á Xira en lancha polo Landro; ben subir de merenda ó Chamorro ou o Campo das Cagallas- dito sexa como se chamaba, sen falsas dispensas-; ou ir de excursión ata a Cova da Doncela... Todo fora por se se podía atopar ocasión para un bico, alleo a olladas indiscretas, coller a mau ou cousas parellas. O máis, o sexo, sen negar que poidera existir, non era nada doado. Cada un saberá de si.

Era o tempo que fuxía coma un lóstrego, no que a cumbia ou o pasodoble mixturábanse con cancións en ingrés, cunha pronuncia moi particular para imitalos Beatles, dito sexa co máximo respeto. A verbena era a foto que compría gardar na memoria sabedores como éramos da súa fugacidade e de que quedaba moito inverno para disfrutala no recordo. Tempo habría para o análise, repasar o detalle, recoñocer o erro, decatarse daqueles ollos, repara no sorriso... Pero agora, toca cambeo, rematada a festa, a xente ía a casa e preparábase, sen dormir, para ir ó Monte.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES