Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (10)

lunes, 22 de noviembre de 2021
A Ramón do Tolino, autor do vals "Son mas dulces que la miel...", meu admirado músico e pai dos meus amigos os irmaos Amor , in memoriam.

Viveiro sempre foi terra de músicos, moitos diles artistas, e outros instrumentistas que gañaban o pan dos seus como traballo complementario. A música en Viveiro vive nas casas, sal polas xanelas, voa no ar e acouga no seo da xente para rematar creando o arte. Rara é a que non tén un músico ou un instrumento. Sempre recordarei ao Eléctrico, Juanito da Paraña, cantando e contaxiando a todos na tintorería de meu pai: "Los eléctricos somos en este carnaval...". Ou a Canana, no bar Vivero, amaando nunha guitarra e paseando polos camiños da emigración con aqueles tangos; ou a Jaime de Pistolas, na porta da súa barberia, vivindo e sufrindo os boleros; ou a Daniel e Manolito Noriega cantando nas festas na Travesia; o xa nomeado Carolino, o meu admirado parente, con quen coincidin en tantas e tantas festas, e que nos saudábamos cun sorriso cómplice e fraterno ¡Qué ben cantaba!; e outros moitos que vivían a música cantando con exquisito gosto. ¿Quén non recorda a calquera dos Píndaros sempre sorrindo cunha canción?. ¿Ou o Mógaro? Nunca esquecerei aquela noite, no Florida Park de Madrid, cando nos adicou, a seu irmao Manolo e a mín, acompañados das nosas donas, aquel "Azul, la mañana es azul"... ¡En galego!. Os xenios teñen isas cousas... e ata pagou aqueles caros cubatas.

Na miña memoria non están tódolos grupos musicais viveireses pola cantidade que había. De sempre as máís afamadas eran a dita orquesta Amor, a tamén nomeada Variedades, durante moitos anos a máis viveiresa e famosa, con moita sona e triunfos, sobre todo en Asturias. Houbo tamén conxuntos como Sport, Venus, Eteis, Piccolos, Dominantes, Stukas, Yoscos, Xistra... Pode ser que cecais se me escapen algúns.

¡Hai tántos músicos en Viveiro que ata sobrevive o Conservatorio, maltratado pola Xunta. Sempre nos queda o refrán: "A mel non está feito para a boca dos...". Así que sigo con Raúl do Tolino cando tocaba coa guitarra na Feira composicións propias; ou iste rapaz, neto do añorado Yacaré, David Bellas, que fai florear, cecais chorar, ou soñar á gaita con esquisita sensibilidade. Cecais debera nomear máis, pero istes só son unha pequena mostra da prolifera canteira viveiresa con músicos, e ata directores coma ise novo Fajardo, xa con fama de talla internacional. E salvando as distancias, ata meu pai, que só foi un aficioado, tiña un trombón de varas dos seus tempos mozos.

En Viveiro, ainda hoxe se oe falar on admiración de xeniais instrumentistas coma Ramonciño do Doente, Pillo... un cento deles. Sentín, sen coñocelo, perto de mín, aon compositor Ginés, autor de fermosa música popular.

Cada viveirés tiñamos a nosa estima por ista ou aquela orquesta, xa fose porque nela tocaban parentes ou amigos, xa polo ate que amosaban. Nós sempre fumos dos Tolinos (orquesta Amor), pola amistade de veciños dos meus devanceiros, por afinidade persoal... Fixen acomunión co Mógaro, e son compañeiro de estudos e amigo deles de toda a vida. E todo iso sen desmerecer a ninguén, porque a colleita é inmensa. Hoxe Viveiro fai honor ó seu nome co Conservatorio de Música. É tal a cantidade, e sobre todo a calidade, da xente que tivo como escola de iniciaciación o Conservatorio viveirés que é unha vergoña política, calquera que sexa a ideoloxía no gobrerno da Xunta, que debera facer reflexionar sobre esa desconsideración e marxinación a ista institución. Viveiro, polo seu amor a música e a súa traiectoria, merece ser Conservatorio oficial sen discusión algunha. Cómpre correxi-lo erro.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES