Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (3)

miércoles, 24 de noviembre de 2021
O concepto do Santuario
O santuario é un lugar de culto simbolizado por unha ermida, capela ou igrexa parroquial, ao Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (3)que acoden devotos pertencentes non só á comunidade parroquial na que se empraza o santuario senón tamén doutras comunidades (1). Neste último caso adoitaban acudir dun xeito individual ou colectivo.

Polo tanto, podemos facer alusión a un espacio xeográfico, ao que William Christian denomina "territorio de gracia" (2), sobre o que un santuario proiecta a súa influencia en función do poder de convocatoria que exerce a súa imaxe sagrada en cuestión. Este territorio -segundo Carme Pernas- pódese reducir a un ámbito parroquial, municipal, comarcal, ou mesmo rexional e extra-rexional, que é o menos frecuente (3).

Os devotos veñen a este recinto sagrado por un dobre obxectivo:
1. Pregar da imaxe sagrada (4) a súa intercesión ante determinadas peticións de índole material -prevención e sandación de doenzas, boas colleitas, facenda familiar etc.,- e de carácter espiritual.

2. Cumprir unha serie de promesas á devandita imaxe logo de que lles concedese as rogativas solicitadas.

"Los santuarios son percibidos como espacios sagrados, de los cuales irradia la salud material o espiritual, y a los que se acude de forma individual o colectiva" (5).
Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (3)
"Los santuarios son lugares precisos de transformación de la energía divina para utilización humana y de transformación de la energía humana para propósitos divinos" (6).

Finalmente nos santuarios podemos apreciar a existencia dunha triple dimensión:
1ª. Espacial. Tratase de lugares que son puntos de encontro, de contacto, de intersección das diversas zonas do real, da heteroxeneidade dos diferentes estratos da realidade (o divino e o humano, o sagrado e o profano) (7). En moitas ocasións, os lugares onde se ubican os santuarios están relacionados con lendas ou aparicións milagreiras de santos-as, con reliquias... ou mesmo como lugares onde antano se celebraban prácticas pagáns e cultos á natureza... (8).

2ª. Temporal. Os santuarios son o eixo unificador dunha serie de ritmos vitais e cósmicos (9). Así nos momentos de transición anual correspondentes cos ciclos solsticiais-equinociais é cando adoitan celebrarse as festividades relixiosas.

3ª. Sociolóxica. Nestes recintos sagrados se reflicte o seu sentido de identidade ou pertenza a un grupo por medio dunha serie de rituais. Tamén o seu sentido de integración de cara ao exterior. "La doble vertiente, hacia adentro, y hacia fuera del área de referencia de cada centro de completa de esta forma, creando una red de relaciones de signo diverso" (10).

NOTAS:
1. BLANCO PRADO, J.M: Exvotos e rituais nos Santuarios lucenses. Lugo: Deputación Provincial, 1996, páx. 13.
2. WILLIAM A. CHRISTIAN, Jr: "De los santos a María: panorama de las devociones a santuarios españoles desde el principio de la Edad Media hasta nuestros días", en Temas de Antropología española, Madrid: Akal, 1976.
3. BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carmen: "I. Introducción: As romarías e o seu significado" (Os santuarios do concello de A Pastoriza, Lugo), en Rev. Croa. Asociación Amigos do Castro de Viladonga. Castro de Rei. Lugo. Referencia de: Carme Pernas Bermúdez, páx.71.
4. A imaxe sagrada está representada por diferentes advocacións de Cristo, a Virxe, e os Santos, que son avogosos ante diversos males.
5. PRAT I CAROS, Joan: "Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía", en La Religiosidad popular, III. Hermandades, Romerías, Santuarios. Anthropos, Barcelona, 1989, páx. 227.
6. WILLIAM A. CHRISTIAN, Jr: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español. Madrid: Tecnos, 1978, páx. 126.
7. BLANCO PRADO, J.M: Religiosidad popular en el municipio de Begonte, Lugo: Deputación provincial, 1991, páx.70.
8. BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carmen: "I. Introducción: As romarías e o seu significado" (Os santuarios do concello de A Pastoriza, Lugo), en Rev. Croa. Asociación Amigos do Castro de Viladonga. Castro de Rei .Lugo. Referencia de: Carme Pernas Bermúdez, páx.71.
9. MALDONADO, Luís: "Los Santuarios en la religiosidad popular", en Santuarios del P. Vasco y Religiosidad popular. II Semana de Estudios de Hª Eclesiástica del P.Vasco, Vitoria, 1982, páx. 70.
10. FERNÁNDEZ DE ROTA, J.A: Antropología de un viejo paisaje gallego. Centro de Investigaciones Sociológicas. Madrid: Ed. S. XXI, 1984, pax. 259.
- LISÓN TOLOSANA, Carmelo: Invitación a la Antropología cultural de España. Madrid: Akal, 1980, páx. 93.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES