Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 23 de noviembre de 2021
No cotón do Carballo

Sento no cotón do carballo que está medio prisioneiro das pedras que compoñen a parede que separa a poula do camiño. É o camiño que leva ó muíño do Dositeo. É o camiño que pasa xusto pola zona da estación do ferrocarril de Baños de Molgas. É o camiño no que, por moitas veces, o atardecer se me fixo noite e as noites se me fixeron eternas. Porque ese Pingas de Orballocamiño transcorre por toda unha fraga de carballos e sabemos todos que o medo é libre. E que á idade de doce, dezaseis anos un non está para facer de heroe nesas noites escuras e de silencio. A escuridade era total e o silencio... o silencio era o que máis xiringaba, o que máis amolaba. Porque nel había pánico a que aparecese algún ruído. Se había ruído, malo! Pois o ruído algo o causaba. Quedaba a opción de apertar o cu, falar disimuladamente co burro que levaba a carga do millo ou do centeo ou da fariña, mirar cos ollos moi abertos (para traspasar a escuridade ou para asimilar o pánico?) para os catro puntos cardinais, e tirar para adiante. Que sexa o que Deus queira.
Sento no cotón do carballo que está ante esta parede chea de musgo e de tempo. Porque o tempo é a pegada, o sinal desas pedras. E ese camiño estaba cheo de pedras e de pegadas. Pegadas que se deixaron de tanto ir e vir ó muíño do Dositeo. Que non todas as idas nin todas as voltas foron como as descritas. Principalmente cando ía en compañía. Entón o medo quedaba aparcado xunto ós raís da estación, e a maioría das veces, os cantos, os berros e os ergutíos ou aturoxos facíanse donos da fraga. Iso, así, si era outro cantar, outro conto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES