Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando será mañá un día calquera?

miércoles, 24 de noviembre de 2021
Mañá é 25 de Novembro: Día Internacional da Violencia contra a Muller. Un día reivindicativo no que as nosas vidas se atoparán na rúa con esta pandemia que levamos demasiados anos padecendo. Primeiro foi privada, logo persoal, despois familiar e o problema empezou a ser atallado cando tivo a consideración de público.

O público fixo del un problema lexislativo e isto supuxo atallar a lacra de xeito penal e político. Dende entón hai datos oficiais e extra oficiais. Os bos son os segundos porque contan con aquelas ás que se lles nega a existencia oficial... Quizais para que isto avance teñamos que facer oficiais os datos verdadeiros...

Tamén sería interesante illar certas ideoloxías e facer campañas de concienciación en colexios, institutos e centros cívicos. Promocionar a igualdade, a afectividade e a convivencia. Na educación está o noso futuro: educar na diversidade, nos Dereitos Humanos, na resolución non violenta do conflito e sobre todo nunha liberdade individual que debe ser a presidenta vitalicia do amor; é o mellor xeito de poñer o noso grao de area para que o 25 de Novembro chegue a ser unha data calquera.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES