Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hoteis na bisbarra

lunes, 11 de agosto de 2008
Dende hai algúns anos de cando en vez os xornáis nos informan de novas relacionadas coa creación dalgunha comisión, patronato, consorcio, alianza de concellos entre sí, ou destes con empresarios, deputación, consellerías, etc. polos que se anuncian actuacións dos mesmos a prol da promoción turistica da nosa comarca.

O primeiro que fan todos é encargar un estudo dos atractivos e dos valores que podan incidir neste campo e polo tanto contar con un mamotreto no que se reflicten unha serie de evidencias que mais ou menos todos coñecemos, así como das carencias, importantes e crónicas carencias, que tampouco inoramos. E aí remata todo: son as primeiras pedras dunhas obras que nunca teñen continuidade; e non poden tela porque os nosos gobernantes levan demostrado ata a saciedade a súa incapacidade para realizar acción algunha de xeito colectivo, solidario, con mentalidade de comarca.

Unha das conclusións á que chegan sempre os analistas do tema é a necesidade de plazas hoteleiras. Daí que se trate dunha boa nova a inauguración en días pasados de dous hoteis na nosa bisbarra: O “Vila do Val” en Ferreira do Valadouro e o “Isla Nova Hotel” en Foz.

O primeiro, no interior, catalogado como “Hotel rústico con encanto”, en lugar de gran beleza, a carón do río Ouro, en vello edificio do que foi respectada a arquitectura tradicional, e o segundo mesmo ao pé da Rapadoira; ámbolos emplazamentos, tan dispares, constituen en sí mesmos unha diversificación da oferta.

O “Isla Nova”, cal Ave Fénix, para os exipcios símbolo da inmortalidade, xurde da lembranza daquel popular establecemento do mesmo nome, e volve coa visión dos novos tempos.

É certo que a nosa bisbarra segue á espera do gran hotel de 4/5 estrelas, con capacidade, instalacións e servicios que sexa quen de actuar como locomotora que arrastre a colectivos de turistas que cheguen por outros conductos, que non son os tradicionais, ás nosas latitudes; non sabemos cando tal sucederá, pero alédanos a posta en servicio destes dous hoteis que veñen a paliar nalgunha medida a carencia mais que recoñecida.

Estamos seguros de que ámbalas dúas iniciativas van a ter o éxito empresarial merecido, e que nós lles desexamos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES