Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 19 de noviembre de 2021

Collín o coche e marchei. Marchei buscar as palabras que se me escaparan nun momento dado. Ás veces hai palabras que se senten prisioneiras dentro dun feixe e fan o imposible por desatarse. Cando o conseguen, marchan. Pero adoitan ser palabras que se necesitan, que as necesito. Para pousalas, logo, con agarimo á beira duns sentimentos. Aínda Pingas de Orballoque, pola contra, tamén hai palabras para que sosteñan a carraxe que, ás veces, se apodera dun. E como hai que vivir co malo e co bo, necesito esas palabras. Por iso marcho a buscalas.
Recoñezo que custa, moitas veces, atopalas. Porque, unhas, acochan entre as silveiras dos pesadelos (por iso rabuñan tanto); outras, porque se deixan caer con toda a súa retranca para que tropece e afociñe con elas; unhas cantas máis forman valados que, se os cruzo, é con moito esforzo. Tamén as hai desas que parecen bañadas de indiferenza, que, nun principio, penso que tanto dá o perdelas, pero despois, á hora da verdade, son as que máis necesarias se fan para formar esa idea, esa expresión, ese parecer, ese conto, esa novela; en resumo, ese final feliz.
Así é que, como todas, como absolutamente todas, son necesarias para todo e para todos (para min, moito máis), saín co coche como unha frecha a buscalas. E, si, pouco a pouco, paso a paso, atranco tras atranco conseguín xuntalas. Volvín contento para a casa e, ó deitarme, funas xunguindo neses soños que están cheos de sentimentos; ou neses sentimentos que están cheos de soños. Aquí as deixo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES