Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cos pés na terra

jueves, 18 de noviembre de 2021
Cando recibimos unha boa noticia, a emoción é tan grande, que nos parece que camiñamos cos pés no aire.
Eso pasa algunas veces porque somos humanos e temos capacidade para emocionarnos.

Outra cousa ben diferente é o caso daquelas persoas que toman a vida a broma e "non poñen os pés na terra"
É moi doado caer na tentación.
Pode pasar nas mellores familias...

Cando se nos dá todo feito, non sabemos valorar...
Cómpre sentí-la necesidade en carne propia.

A proba témola en moitas persoas que lles tocou desenrolar a súa vida en tempos de moita estreitura: sentiron a necesidade de conseguir un nivel de vida digno e loitaron ata conseguilo.

Por eso se produciron moitos avances en tódalas ramas do saber nos últimos tempos.
Así, moitos de nós nacemos e medramos nun mundo completamente diferente ó actual.

Este mundo actual conseguímolo porque loitamos por superarnos; e foinos relativamente doado acomodarnos a un mellor nivel de vida.

Pero conseguir progreso ten un prezo:
- Moito estudio.
- Moitos experimentos.
- Moitos esforzos.
- Moitos gastos...
En resume: moito traballo, moito sacrificio, moitas renuncias...

PORQUE O PROGRESO NON VÉN POR ARTE DE MAXIA.
AS COMODIDADES, TAMPOUCO.

Por eso:
Sería moi importante que cada familia dedicara un tempo a explicarlle ás criaturas a historia familiar para que comprendan que o nivel de vida actual tén un prezo que houbo que pagar.
E que se dean conta de que:
EVOLUCIONAR É FROITO DO ESFORZO E DAS GANAS DE SUPERACIÓN.

Hai familias que non queren que as criaturas saiban as estreituras que pasaron os seus ancestros.
Prefiren que vivan nun mundo feliz.
Tódolos pais queren un mundo feliz para os seus retoños.
Eso non está mal, pero...

Pero o certo é que en tódolos tempos hai que esforzarse moito para superarse.
Cada xeración ten un novo reto que asumir.

EXERCITA-LO ESFORZO NON É DOADO; PERO É MOI NECESARIO.

Cada xeración recibe un legado dos ancestros; pero ten o deber de melloralo para o seu propio ben e para deixar o mundo mellor para os que veñen detrás.

Admirables son as persoas que se esforzan por facer un mundo mellor a nivel material, a nivel psicolóxico e a nivel espiritual.
Este tipo de persoas son un exemplo a seguir por aquelas que queremos un mundo mellor para todos.
Realmente, se de querer se trata: todos queremos un mundo mellor; pero...
¿Qué facemos para melloralo?

"¿QUE FACEMOS?"

Este será o título do seguinte artigo.
Se vostede se dignou ler estas reflexións miñas é porque é vostede unha desas persoas admirables que vive cos pés na terra.
¡Por moitos anos!
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES