Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O custo de ser vello

viernes, 08 de agosto de 2008
Andan os cataláns medio revoltos polo tema da financiación autonómica, loitando porque a súa sexa mellor que a dos demais, rachando calquera filosofía da solidariedade que entendemos ten que reinar entre as "rexións e nacionalidades" que conforman o estado español.

O tema é saber que aspectos son os que van a primar no reparto que se faga desde o goberno central das fabas contadas que supoñen os fondos destinados a ser repartidos entre os organismos de goberno autonómico.

Galicia pretende que se prime a dispersión, fenómeno no que somos especiais e que compre ter en consideración xa que os servizos a prestar son moito máis costosos canto máis lonxanos e pequenos son os núcleos habitados.

Outro dos temas a considerar é a vellez da nosa pobóación, que se é unha regalía porque as nosas xentes duren cada vez máis, supón un custo para a nosa Administración que nada ten que ver co que lle custa a Cataluña.

Alguén se ten preocupado de botar contas do que supón a atención sanitaria para os nosos maiores, e resulta que o custo de atender ós maiores de 65 anos en Galicia supón un investimento extra de trescentos millóns de euros ó ano. Este mesmo concepto en Cataluña supón trinta e catro millóns.

Velaquí un factor a ter en conta, e un argumento decisivo á hora de valorar as diferencias. Á parte, claro está, de que logo primen os criterios políticos, que deso saben moito os irmáns cataláns. Pero, polo menos, que se valoren todas as diferencias.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES