Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 18 de noviembre de 2021
Ouleando e cantando
Quixéronme atacar os lobos, pero eu ouleei moito máis ca eles. Asusteinos. E marcharon co rabo entre as pernas. Metéronse por entre os piñeiros e polas valgadas dos Castros. Eu, e para asustalos aínda máis, ouleei máis forte e fixen que botaba a correr. Perdían o cu! Mais como lle collera gusto a oulear, pois déuseme por, máis que cantar, berrar unha canción de Camilo Sesto. Aínda que, ó mellor, igual era de Melendi. Pingas de OrballoA verdade é que non sei moi ben. Si sei que tiveron que escoitarme en Trelle, en Santo Tomé, en Ramiras e mesmo na Seara.
Cando rematei a canción caín na conta de que era da miña propia colleita, é dicir, que fun inventando o tema musical, se é que se lle podía chamar desta maneira. Falaba de non sei que e non sei canto, pero algo dicía. Seguro que os desas aldeas que nomeei me entenderon perfectamente. Que non sei que do heroísmo ante os lobos. Que non sei canto de certos sentimentos espallados polo monte abaixo. Que non sei que dun crebacabezas colgado nunha parede e dun pixama veludo. Que non sei canto do rabo entre as pernas (os dos lobos, moito coidadiño con certos pensamentos retorcidos).
Cando notei que estaba a piques de esgazar a gorxa, pensei na miña nai, a cal, a pobre, sempre me dicía: "ai, neno, que mal cantas". Así é que deixei de cantar. Pero claro, ante o silencio, volveron asomar os putos lobos! Tiven que botar quince minutos ouleando. Agora, sinceramente, estou algo cansado. Descanso.

Afogado no Río Arnoia
Botei sen respirar debaixo da auga 24 horas xustas. Aparecín morto, claro. Non sei se alguén pasará máis alá dos cinco minutos. É normal entón que aparecera requiescat in pace. E asomei ás vistas xusto na desembocadura do río Sor co río Arnoia, entre As Mestras e a Ansuíña, en Baños de Molgas.
A miña desgraza aconteceu porque, como investigador privado que son, metín o nariz Pingas de Orballoonde non debía, onde non me chamaban. Tres tipiños que eran coma energúmenos malláronme ata que eles mesmos se cansaron de facelo. E os moi cabróns foron a afogarme no río da miña vida, no Arnoia, e no lugar xusto polo que eu cruzaba miles de veces cando ía para o monte de Pinouzos coas vacas, onde hoxe está a ponte pola que se cruza para ir a Foncuberta. Ese río cruceino de todas as formas habidas e por haber: choutando as poldras, sobre o burro, no carro das vacas, mesmo algunha vez en algunha vaca e, a maioría das veces, goldrando. Por iso é que cando notei que me estaban afogando ata me deu carraxe por ser alí, precisamente alí.
Atopáronme uns nenos que andaban a xogar polas Mestras. Un deles berro tanto co susto que abrín os ollos. Trousei tanto que pensei que botaba peixes pola boca. Non cría na miña resurrección! Pero os rapaces confirmáronme a hora e o día, e eu souben botar as contas: 24 horas. Agora que vaia por aí presumindo Xesucristo; que el resucitou ó terceiro día e eu fíxeno en 24 horas. Haberá que escribir unha nova biblia. Non tardei dúas horas en facerllas pagar ós tres tipiños. A min non me liquida ninguén así como así. E menos no meu río!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES