Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 17 de noviembre de 2021
Seis palabras con tres puntos suspensivos
Escribín os carteis eu só. Coa miña letra. Non quería deixar pegada. Escribín centos deles e, ás ducias, metíaos nunha mochila para distribuílos por todos os lugares habidos e por haber. Pegueinos en contedores de lixo, papeleiras, marquesiñas e escaparates. Craveinos con puntas (nada de grampas) en portas das palleiras, en Pingas de Orballocarballos, amieiros e castiñeiros; nas fiestras dos cortellos e mesmo nos pinallos dos carros; e, faltaría máis, na porta da caseta da burga. Subín a campanarios de igrexas e a tellados de casas con varios andares para esparexelos, para espallalos polo aire.

Como non quería deixar pegada, tiven que facer todo iso entre lusco e fusco de toda unha semana. Eu, despois, polo día, pasaba con disimulo por eses mesmos lugares para ver a reacción da xente ante a súa lectura. Vin xestos de todos os gustos e comentarios de todas as cores, algún ata subido de ton; aínda que a maioría eran de estrañeza. Vin como se arqueaban cellas, como se soltaban gargalladas, como se abrían sorrisos e como certos insultos choutaban ó aire cunha certa carraxe.

Eu, mentres tanto, sorría e gozaba incluso ante esas reaccións. A frase que escribira era pequena pero aguda. Estraña?; non sei. Rara?; depende. Esperpéntica?; vai ti saber. Tan só seis palabras que revolucionaron un pouco ou un moito o galiñeiro. Seis palabras con tres puntos suspensivos escritos a man. Centos de carteis que distribuín e que aínda me quedaban por repartir. Achegueime a un que deixara espetado nun carballo: "nin subo nin baixo... estou quieto". Agora cada quen que esbardalle o que queira.

O gardacostas do sapoconcho
Son o gardacostas da tartaruga que hai no xardín de Eusebio Lacoste Soleo, O Mamarracho. O día que me propuxeron este traballo mirei moitas veces para todos os recantos da parcela por se había algunha desas famosas cámaras ocultas, ó mesmo tempo que comentaba se era broma o asunto ou se estaban a falar en serio. Aurelia Pingas de OrballoCastiñeira Pardal, A Mamarracha, que era, por suposto, a muller do Eusebio, era a que levaba a voz cantante do matrimonio e da maneira en que me dixo que de broma nada, non me quedou outra que aceptar ser o escolta do sapoconcho. Cheguei a pensar se sería para que coidase ben ó animaliño, coa perspectiva de ensinarllo en calquera momento a algún neno, pero dándose a circunstancia de que Os Mamarrachos non tiñan fillos.
Pero ante o ton da señora, non dixen nada máis. Optei por non quitarlle ollo á tartaruga. Mais non había hora ou día no que non pensase no esperpento dese traballo. Cheguei incluso a pensar que para ser escolta dunha tartaruga, ben puideron contratar a unha persoa obesa, por aquilo de que non suaría a gota gorda correndo detrás do sapoconcho. Eu, sendo delgadiño como son, sabía ben que non botaría os fígados cando ó sapoconcho se lle dese por fuxir; que, por suposto, isto era unha incongruencia, pois como ía fuxir o infeliz, se lle levaría unha eternidade chegar deica a marxe da parcela. Agora que non tardei en deixar de facer traballar a miña cabeza; eu vivía coma Deus, non lle quitaba ollo ó sapoconcho, mesmo parolaba de cando en vez con el e, ó final, maldita sexa, ata cheguei a collerlle cariño. Espero seguir sendo por moitos anos o seu gardacostas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES