Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os xogos son cultura. As apostas unha lacra

miércoles, 17 de noviembre de 2021
Hai sitios e xente que paga a pena ter lonxe. Afastarse deles asegura a propia vida pero posicionarse en contra deles vólvese unha obriga moral. As casas de apostas son un cancro social que cómpre extirpar polo mesmo motivo que se loita contra a drogadicción. Comparten o compoñente adictivo e, tamén, a denigración total da persoa que acaba por arrastrar á familia. Por suposto, estas casas non merecen o apoio de ninguén e tampouco ter porvir...

O goberno quixo evitar que este sector se beneficiara do bono cultural. Tiña que facelo. Non son cidadanía, son "anti" cidadanía. Agora ben, ímoslles permitir que se apropien do xogo?, é dicir, ímoslles permitir que se apropien, tamén, do noso legado lúdico transmitido xeración tras xeración? Imos permitir que a creatividade xogueteira sufra cando, en moitas ocasión, é un compoñente educativo?

Ao igual que se inclúe o videoxogo pódese incluír o xogo educativo. Por iso, quizais sexa máis sinxelo incluír na orde un artigo que exclúa do bono ás inimigas do pobo e da humanidade: as casas de apostas.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES