Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 16 de noviembre de 2021
En movemento

Cansei de estar cansado, aburrido e de paspán. Púxenme en movemento. Coma se me meteran electricidade. Levo xa tres días seguidos que non paro. Nin tan sequera para comer. Nin tan sequera para durmir. A verdade é que nin tan sequera sei onde estou nin por onde ando nin a onde vou. Pero dáme igual; o caso é non parar. Mesmo nin paro nas incongruencias, pois corro por onde hai que ir amodiño e vou a paso de tartaruga ou de sapoconcho por onde teño que correr máis que un tren. Cando quero son rápido e cando me dá a gana son lento. E non me importa confesalo.
Pingas de Orballo Corro máis e máis veces cá ese Forrest Gump do carallo. Móvome detrás dos indios harapahoes ou sioux ou cheyennes e navego na Perla Negra camiño do Caribe. Aínda que cando vou no medio do camiño, viro e diríxome para a desembocadura do Miño. Por certo, sigo a dirixir a miña vida. Ninguén é quen de me dicir a onde teño que ir. Polo de agora vou coller unha nave espacial e ir tras a lúa vella. A lúa vella é bonita; que ninguén me diga o contrario.
Cando me puxen en movemento eu ben sabía o que quería dicir. Por exemplo, que vou de café en café lendo periódico tras periódico, e aínda que só lle lea os titulares. Para que ler a letras pequena? Quen le a letra pequena dos bancos? Pois entón! Tamén me movo por unha rúa estreita desde a que podo contemplar a ilusión dunha esperanza. Xa teño dito que a esperanza é o último que se perde. Eu nunca a perdo. Pero tamén é verdade que é porque me movo, que se me quedo quieto, a vida pasa e nada acontece. Sigo en movemento.

A tatuaxe da rubia platino

Ábrense os beizos nun sorriso cada vez que penso na curiosidade (cariñosa) da xente. Remataba o meu relato do "caso da rubia platino" falando de que "debaixo do seu peito esquerdo figuraba unha tatuaxe na que todo estaba escrito, na que todo Pingas de Orballoestaba resumido". Non tardaron en aparecer os comentarios que moi ben se poden resumir nun: que se quedaran coas ganas de saber que dicía, que puña tal tatuaxe. Eu intentaba e intento salvar a situación coa onomatopea da risa.
Porque un investigador privado (e aínda por encima principiante, como era o meu caso) ten que reservar certos detalles ou certas fontes. Se pregoa todo o seu traballo, que clientes confiarían entón nel? Ademais, todos sabemos que o misterio, o suspense é o máximo da intensidade anímica de moitos seres humanos. E como ese misterio se desenvolvía, para máis aquel, ó final de todo, pois mel nas filloas. Tamén se pode ver ou analizar como unha continuación, como esas películas nas que saen escenas que case prometen unha segunda parte. Non vedes, grazas a ese suspense, tamén hai unha segunda parte do relato.
De todas formas, que importa o que dicía? Ó mellor ata podía ser unha palabra descoñecida ou unha pequena frase sen sentido. O relato tiña que rematar así, e punto. Lembrade o final da película "Thelma e Louise", un dos mellores de toda a historia cinematográfica. O meu do relato non pasará á historia da escritura barata, como é a miña; pero as súas curiosidades si as tivo. Que xa non é pouco.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES