Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (2)

viernes, 17 de diciembre de 2021
Publicado no Boletín 'Croa' nº21, 2013. Castro de Viladonga. Castro de Rei (Lugo)

Algúns datos históricos e xeográficos do Concello de Monterroso e da Parroquia de San Pedro de Frameán

Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (2)
O concello de Monterroso encóntrase no occidente da provincia de Lugo, formando parte da comarca de A Ulloa e do partido xudicial de Chantada (1).

Na antiguidade o municipio era atravesado pola vía XIX do itinerario Antonino, que unía Lugo con Astorga. Dende a idade media, o extremo septentrional do concello é atravesado en Ligonde polo camiño de Santiago. Ao longo do antigo réxime as terras de Monterroso repartíanse entre as xurisdiccións do mesmo nome e a Ulloa, dirixidas polo conde de Monterrei. Foi no ano 1841 cando se creou o actual municipio monterrosino.

A poboación deste concello esta distribuída en 108 entidades de poboación, reunidas nunha trintena de parroquias (2), que ocupan 114,13 km2. Distínguese por dúas fases: unha de crecemento ata o ano1940, na que acadou o máximo demográfico, e outra na que se impuxo un moderado retraso poboacional.

A orientación da súa economía agraria, básicamente gandeira, está reflectida na presenza de importantes cooperativa (3). A actividade industrial, representada pola fábrica de mármois e granitos de Vilar, por unha de utillaxe agrícola, outra de conservas e ultraconxelados de Monterroso, e ademais por algúns talleres de cantería, curtidos e carpintería incrementou a súa relevancia no concello cun 17,6% de man de obra (4).
Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (2)
Finalmente o sector servicios dá ocupación ao 47,1% da poboación, que derivan en ocupacións de carácter xurídico-administrativo, educativo e comercial.
Polo que respecta a San Pedro de Frameán, sabemos que a efectos civís é unha parroquia do concello de Monterroso, pertencente a comarca de A Ulloa e provincia de Lugo. A efectos eclesiásticos é unha freguesía anexa da parroquia de San Breixo, integrada no arciprestado de Monterroso e na diócese de Lugo.

No ano 2007 contaba con 107 habitantes, distribuídos nas entidades de poboación de San Pedro e Parteme de Abaixo. Na primeira delas encóntrase a igrexa parroquial, que funciona como tal case todo o ano agás o primeiro sábado e domingo de setembro (5).

NOTAS:
1. ROMÁN DÍAZ, Berta: "Monterroso", en Galicia, pueblo a pueblo, La Voz de Galicia, 1993, páx. 805.
2. Parroquias de Arada, Bidouredo, Cimbraos, Fente, Ferreiros, Frameán, Fufín, Gundín, Lavandelo, Leborei, Ligonde, Lodoso, Marzán, Milleiros, Monterroso, Novelúa, San Lourenzo, Santa Mariña de Pedraza, Penas, Pol, Salgueiros, Sambreixo, Bispo, Satrexas, Sirgal, Sucastro, Tarrío, Balboa, Vilanova y Viloíde.
3. Nesta actividade económica atopou traballo o 43, 75% dos traballadores do concello.
4. Varios: Galicia en Comarcas. Chantada e a Ulloa, Ir Indo, Vigo, 2005, páxs. 144-145.
5. Neses días celébrase a festividade da Virxe da Saúde.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES