Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 12 de noviembre de 2021
Con ansia, tensión e forza física
Se digo no verán que son as 20:45 tería que dicir as nove menos cuarto da tarde, pero como nos atopamos no outono camiño do inverno teño que dicir que son as nove menos cuarto da noite. Porque agora é noite desde case as sete da tarde. Agora mesmo xa é noite pecha. E, fóra, a xeada cae como ten que caer, como cae sempre nesta época e non chovendo.
Agora que tamén é verdade que non me importa nada que sexa tarde ou noite, que xee Pingas de Orballoou que chova. Estou dentro da casa e dándolle a un teclado que me ten máis que machacados os dedos. Porque eu son dos que cando fago as cousas fágoas con ansia, con moita tensión e ás veces incluso con certa forza física. As teclas doulle, e vaia se lle dou. O bolígrafo xa me fixo coma un pequeno calo no dedo maior ou o pai de todos ou o do medio, pola forma que teño de apertalo ó escribir. Cando estou vendo unha película ó mellor tírome as dúas horas da mesma co dedo matapiollos ou polgar ou o gordo metido debaixo dos outros catro e co puño cerrado; cerrado e apertando de carallo. A tensión, digo para min. Unha carallada, dirá outro calquera.
Con respecto ó de usar certa forza física poño o exemplo de cando araba co burro: que este dábame tanta mágoa, tanta pena ó velo tirar do arado e suar, que eu, parvo de min, empurraba no arado máis ca el, coa intención de facerlle máis levadía a arada. Eu si que acababa suando máis co burro. Vivo en tensión calquera situación provocada incluso por min mesmo. Ás nove da noite remato isto e descanso un pouco... ata a película. Nesta, que se prepare xa o matapiollos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES