Publicado no Boletín 'Croa' nº21, 2013. Castro de Viladonga, Castro de Rei (Lugo)
Sobre o concepto de devoción popular hai moita confusión e ambigüidade. Así fálase do catolicismo popular, da relixión popular, da piedade popular, da fe popular, etc. Isto motiva que sexa difícil definir a relixiosidade do pobo, xa que é todo un mundo de sentimentos, ritos, manifestacións prácticas, etc. (1)

Sen embargo, a relixiosidade de cada pobo, como todo fenómeno vivo, ten os seus rasgos especiais. Cada comunidade vive e manifesta a fe dun xeito propio. A relixiosidade popular vai ligada a elementos folclóricos e populares, que son manifestacións da identidade dun grupo humano.
"Una religiosidad es popular cuando se configura con ese pueblo y expresa el sentir del mismo". (2)
É parte da cultura, dun modo de pensar e de vivir. Por elo, e para comprendela, se cadra sexa conveniente ter en conta o pasado, o que na actualidade lle rodea, os rasgos do lugar, o estilo das persoas, como viviron o cristianismo, que é o que herdaron dos séculos pasados, que é o que cada unha das xeracións recibiu e aportou.
"Es popular lo que el pueblo crea. También, lo que recibe, asimila y hace propio". (3)
Polo tanto a relixión de cada grupo humano é unha colección viva de cantos, ritos, vivencias, que un pobo vai xuntando ó longo da súa historia.
NOTAS:
1. TOSCHI, P. "Guida allo studio delle tradizioni popolari". Serie di Antropología, etnología e religione, 5ª ed, Boringheri, Torino, 1974, páx. 24.
2. D. BOROBIO. Religiosidad popular en la renovación litúrgica; criterios para una valoración, Phase 89, Barcelona, 1975, páx. 34.
3. ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo. La religión del pueblo. Defensa de sus valores. B.A.C, Madrid, 1976, páx. 36.