Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por qué o papa pide perdón?

miércoles, 10 de noviembre de 2021
Xa hai días que veño pensando nos xuízos negativos que lle fixeron varios políticos e incluso eclesiásticos, ao papa Francisco, porque pediu aos cregos mexicanos a teren en conta o seu pasado e recoñecer os "pecados persoais e sociais que a Igrexa cometeu na evanxelización dese país, que practicou na conquista de América por parte dos españois". Foi unha resposta á carta do presidente mexicano, Obrador, quen mandara tamén ao xefe do Estado do Reino de España, Felipe VI; este, emporiso, deu a calada por resposta.

Para maior abundancia lembramos, ao pouco tempo de ser elixido Papa, a viaxe, en 2015, a primeira á América Latina (AL), co recorrido por Ecuador, Paraguai, e Bolivia. Nesta viaxe fora tamén famoso pola súa clarificadora denuncia contra o imperio asoballante e contra o capitalismo salvaxe que en AL aparece con "imperiosa" claridade. E foi precisamente en Bolivia onde denunciou a evanxelización mesturada cos crimes da conquista: "Pido humildemente perdón, non só por las ofensas da propia Igrexa, senón polos crimes contra os pobos na chamada conquista de América".

Esta actitude do papa Francisco resulta moi clarificadora, porque a historia de Xoán Paulo II e o cardeal Ratzinger, futuro papa Benedicto XVI, fora moi outra cando A Confederación Latino Americana de Relixiosas e Relixiosos (CLAR) se preparaba, para o 1992, V Centenario do descubrimento de América. Esta Confederación contaba naquel intre do 1990 de 160.000 membros comprometidos en converter a chamada "invasión e conquista", a vella evanxelización da "cruz coa espada", nunha evanxelización liberadora, alternativa á conquistadora: "A nova Evanxelización ten que rachar coa primeira de hai 500 anos, como signo de dominación e conquista; a segunda deberá ser baixo o signo de liberación, e diálogo coas culturas. Na conquista, de hai 500 anos, o Reino de Deus confundírono cos reinos ibéricos, que en nome de Deus cometéronse violacións inicuas, masacres de pobos enteiros; en América Central e no vicerreinado de Perú alcanzaron un exterminio colectivo de millóns en poucos anos. O bispo de Río Bamba, Ecuador, Mons. Proaño, dicía: "Venme unha idea: que a Igrexa é a responsábel dese peso que por séculos sufriron os indios. Que dor! Eu estou a cargar con ese peso de séculos".

E non é isto o que celebran, aínda hoxe, as autoridades españolas o 12 de outubro; e chámanlle o día da raza?.

O papa Xoán Paulo II, a Curia do Vaticano, desautorizan o programa da CLAR baseado na Teoloxía da Liberación culpábel por ter "desorientado" a relixiosos e relixiosas con "falaces utopías ideolóxicas e servilismos políticos, que están en total desacordo coa doutrina da misión de Cristo e da súa Igrexa". Lamentábel desautorización, pois a Igrexa de Base queixase de que "o Templo condene o Evanxeo; o que sospeitabamos, Roma (o Vaticano) está contra dos pobres; pobriño o Papa que non nos entende!". Mais na viaxe a Santo Domingo en 1992, supoño que lle remordeu a conciencia da súa actitude coa CLAR, Xoán Paulo recoñeceu o feito histórico do V Centenario por ser causa de dor e sufrimento.

Ao papa Francisco non lle fai falla a prerrogativa do dogma da infalibilidade, chégalle con coñecer ben a historia, para condenar a criminalidade horrorosa da conquista exterminadora, pedir perdón e animar ao clero para que recoñezan a verdade histórica e promovan a nova evanxelización.

Atrévome a recomendar ao lector, por se ten a ben documentarse neste tema, para que lea o libro "COSAL, Solidariedade con América Latina. Unha experiencia solidaria en Ferrolterra 1979-1995".
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES