Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos convocados ao proceso sinodal

martes, 09 de noviembre de 2021
Queridos amigos:

O pasado 16 de outubro comezabamos o proceso sinodal na nosa diocese ao que nos convidou o papa Francisco: Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación, misión. Faciámolo coa eucaristía que celebrabamos na catedral de Mondoñedo pedindo a axuda do Espírito para este camiñar xuntos.

Ao longo deste último mes, un grupo de persoas foron organizando o percorrido que iremos facendo na nosa diocese, e que nos levará ao longo de todo este curso pastoral. Ábrese agora un período para formar os equipos sinodais nas diferentes realidades diocesanas: vida
relixiosa, parroquias, unidades pastorais, movementos, confrarías, delegacións, arciprestados...

É un tempo amplo para poder organizarnos en pequenos ou grandes grupos e, dese xeito, escoitarnos e acollernos.

Convídovos a participar activamente: os que habitualmente sentides parte dese "nós" comunitario que é a nosa Igrexa; os que participades normalmente na celebración da eucaristía, pero non podedes implicarvos noutras realidades eclesiais; os que só ocasionalmente facédelo, pero que percibides a importancia que a Igrexa ten para as persoas e para a sociedade; os que non vivides próximos á vida da Igrexa, quizais defraudados pola incongruencia que manifestamos... Trátase dunha invitación a todos, nenos e grandes, novos e adultos, homes e
mulleres, ricos e pobres...

A Igrexa de Mondoñedo-Ferrol, xunto a toda a Igrexa universal, quere redescubrir e gozar o camiño da sinodalidade, que é o camiño propio da Igrexa e a súa actitude orixinal: somos unha familia, somos pobo de Deus. Estamos chamados á escoita do Espírito que nos segue
indicando os camiños para percorrer. Habemos de saber escoitarnos os irmáns e escoitar tamén ao noso mundo ao que servimos e ao que vai dirixido o Evanxeo que predicamos. O proceso sinodal ha de axudarnos a discernir para avanzar no camiño da conversión: non queremos ser
“outra Igrexa”, pero si unha “Igrexa outra”. Por iso, xuntos habemos de dialogar sobre cales han de ser nosas prioridades, as actitudes para coidar, as opcións para realizar, as accións para levar a cabo, as estruturas para revitalizar...

Gustaríame que durante este curso o proceso sinodal axudásenos a atoparnos e a saborear a fermosura de ser Igrexa. É bo que o volvamos a percibir e que tomemos conciencia de que os tempos cambiaron, especialmente despois da pandemia: vivimos nunha nova realidade,
experimentamos cousas importantes e debemos fuxir de falsos triunfalismos para sabernos máis Igrexa pequena, Igrexa que quere ser "esto", Igrexa fermento e fermento. Convídovos a quevos informedes na vosa parroquia e nos lugares habituais de información para participar o máis activamente posible.

O proceso diocesano concluirá ao finalizar o curso cunha gran asemblea que nos axudará a construír o proxecto diocesano dos vindeiros anos. En certa maneira estamos a proxectar o noso futuro inmediato en clave de discernimento.

Grazas a todos por participar. Que a Virxe dos Remedios e san Rosendo nos axuden neste camiñar xuntos.

(Escrito de Fernando García Cadiñanos, bispo diocesano de Mondoñedo-Ferrol, co gallo da apertura da fase diocesana do Sínodo 2021-23)
García Cadiñanos, Fernando
García Cadiñanos, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES