Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esperanza de vida

miércoles, 06 de agosto de 2008
Movémonos en base a estatísticas e promedios, obtendo resultados que nada significan a nivel individual pero si reflicten o comportamento colectivo ou dun sector da poboación.

Aquí mídese todo, desde o consumo ó lecer, desde os ingresos per cápita ata o destino deses mesmos ingresos, e do último que temos referencia é da esperanza de vida de galegos e galegas, que vai mellorando segundo melloran as condicións nas que se desenvolve esa vida, e que aínda que son superadas polos residentes nalgunhas das outras comunidades, superamos colectivamente ó promedio de esperanza de vida no estado español. Debe ser das poucas cousas nas que superamos o promedio.

As galegas teñen bastante máis duración previsible de vida que os galegos, eso sempre se soubo. E as galegas actuais teñen o visto e prace das estatísticas para durar ata un pouco máis dos oitenta e catro anos cumpridos, mentras que os galegos non chegan ben ós oitenta.

E aínda que coñecemos infinitos casos nos que se supera amplamente esta barreira teórica, hai que ter en conta que se trata de promedios que para que se poidan lograr ten que haber quen os supere claramente, mentras que outros e outras van quedando no camiño.

Falta que nos proporcionen estatística, se é que se confecciona, de como chega cada persoa - segundo comunidade e conseguinde nivel de ingresos e polo tanto nivel de vida- a ese promedio vital, para ver se seguimos estando a tono co resto do Estado, que a calidade de vida é algo moi digno de ter en conta cando de vivir longo tempo se trate.

En tanto, manteñamos a esperanza. E esperemos superar con amplitude eses límites teóricos que desexamos sigan a mellorar, e que todos o vexamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania