Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 11 de noviembre de 2021
Non sei se...

Non sei se me bote a andar ou me quede quieto. Quizais case sexa mellor correr. Si, moito mellor. Así é que corro detrás dunha lebre para deixar atrás unha tartaruga. O nome de tartaruga é bonito, pero sapoconcho... Sapoconcho é moito nome. É o nome da infancia, de cando andabamos a eles polo Río Vello e polo Río de Vide. Despois, ó collelos, viamos aquela coiraza que fascinaba, que chamaba a atención. E que me Pingas de Orballodecides daquela espera a que botasen a cabeza fóra? Tempos aqueles nos que si se corría para todos os lados, aínda que non houbese motivos para correr.
Non sei se me sente ou se me quede de pé. Quizais case sexa mellor tombarme. Tombado queda un máis a gusto. Na infancia e na vellez. Na infancia porque, tombado, soñas. Na vellez porque descansas os ósos. E non digo nada se te tombas baixo o ceo raso e coas estrelas invadindo o universo. A estampa queda bonita, para un cadro e para unha poesía. Contemplar as estrelas de noite é bonito. Contemplar o ceo azul de día tamén é bonito. O marabilloso é poder estar tombado.
Non sei se ría ou chore. Quizais case sexa mellor sorrir. Non hai como sorrir. Dás confianza. É coma unha porta aberta a unha relación amistosa, ata poida que incluso romántica. Sorrir é como abrirse ó mundo, como deixar pasar o tempo con parsimonia e vivir felices. A risa pode ser falsa, as choras poden ser traumáticas ou mesmo aburridas, pero un bo sorriso, un sorriso que demostre felicidade, iso non ten prezo. Agora non sei se poña unha coma ou un punto. Quizais case sexa mellor poñerlle punto final. Pois punto final.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES