O valor dos labregos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 11 de noviembre de 2021
"Non temos máis creto que o que nos poñen", dicía un veciño meu que xa descansa na paz.
¿Por qué a profesión de labrego tén tan pouco prestixio?
¿Por qué non lles dámos o valor que lles corresponde?
¿Por qué non nos sentimos orgullosos de ser descendentes de labregos, cando case todos o somos?
¿Qué é o que dá prestixio na vida?
¿A fama?
¿Os cartos?
¿As apariencias?
¿Por que lles dámos máis importancia a unhas profesións que a outras?
Aínda que doa dicilo é, porque:
-Unhas profesións están mellor pagadas que outras ("poderoso caballero es don dinero").
-Unhas profesiósn teñen máis vacacións que outras.
¿Quen non quere ter vacacións?
¿Quen nos as precisa?
-Unhas profesións son menos escravas que outras.
Non é o mesmo traballar nunha mina que nunha oficina; pero ámbalas dúas son necesarias e complementarias.
-Unhas profesións fanse ó cuberto e outras ó aire libre...
Nunha oficina montada ó aire libre, mollaríanse os documentos, voarían os papeis; pero as patacas non se dan ó cuberto, a froita tampoco e os animais no pastan no asfalto.
Todo o anterior ten as súas razóns de ser como é, pero...
Adoitan a pagarse maís a profesións que esixen máis responabilidades:
¿Non é sumamente responsable o labor que fan os labregos alimentando á humanidade e coidando o medio ambiente máis que ninguén?
Unhas profesións dan cartos de inmediato e outras hai que esperar:
Lóxico.
Hai profesións que se cobran ó remata-la tarefa, outras ó remate da semana, outras ó remate do mes...
Un labrego ten que esperar pacientemente que o froito naza, medre, madure e despois que teña saída no mercado...
Pero sen tempo non se fai nada.
Unhas profesións teñen máis vacacións que outras:
Os traballadores por conta allea teñen dereito a coller días de vacacións según a lexislación vixente en cada país.
Os traballadores por conta propia, pénsano dúas veces antes de parar porque os gastos seguen e os impostos, tamén.
Os labregos son traballadores por conta propia e non poden coller vacacións porque:
-Os animais necesitan comer tódolos días.
-As vacas paridas hai que muxilas cada día unha ou dúas veces.
As crías hai que vixialas.
-O leiteiro pasa a recolle-lo leite tódolos días...
¿Non ten esto moito valor?
Hai profesións que se levan a cabo sen "mancha-las mans" e sen facer callos.
Outras que se fan ó cuberto, outras que se levan a cabo nas vilas e ciudades donde hai tódolos servizos
Os labregos manchan as mans e fan callos igual ou máis que ninguén, traballan á intemperie loitando coas adversidades do tempo máis que ninguén e teñen moi pouco servizos no medio rural.
¿Non ten esto un prezo e un mérito?
¿QUÉ SERÍA DE TODOS NÓS SE OS LABREGOS SE PUXERAN EN FOLGA INDEFINDA ATA QUE NON HOUBERA ALIMENTOS NAS FEIRAS NIN NOS MERCADOS E TAMPOUCO NOS SUPERMERCADOS?
Ben seguro que poñeríamos o berro no ceo, que sairíamos as prazas a manifestarnos e que pasaríamos fame ata chegar a comernos uns ós outros...
En último caso poderíamos prescindir dos médicos, dos avogados, dos farmacéuticos, dos mestres, dos cregos e doutros moitos profesionais pero nunca, nunca pideríamos prescindir do alimento que nos proporcinan os agricultores.
Seguramente será unha das profesións máis maltratadas e maís ignoradas; pero eso non quita que sexa UNHA PROFESIÇON CON MOITA DIGNIDADE E DE MÁXIMA IMPORTANCIA PARA A HUMANIDADE.
¿Por qué non valoramos máis a profesión do labrego?
¿Será porque a nosa escala de valores está: "patas arriba"?
¿Viviremos nun mundo artificial?
¿Viviremos alonxados das raíces?
Ou viviremos sen vivir; pero non como dicía a Santa de Ávila, senón todo o contrario.
Estamos construíndo unha sociedade cos pés no aire e precisamos poñelos na terra.
"COS PÉS NA TERRA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora