Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sócrates debe morrer

viernes, 12 de noviembre de 2021
A decisión tomouse nunha fría sala do Ministerio de Educación, desas cunha mesa longa, mil veces abrillantada:
- "Hai que cargarse a Filosofía da ESO. Ordes de arriba".
No medio do silencio xeral, escoitouse polo baixo un exabrupto.
- "Palabras?", preguntou o presidente da reunión.
Tomou a palabra un asesor mozo, con vaqueiros e zapatillas de marca.
- "Supoño que valorastes que os estudantes de secundaria pasarán todo o ensino obrigatorio sen estudar Filosofía?".
O presidente tiña o contraataque preparado:
- "E que lle interesa máis ao goberno: que a xente nova pense ou que trague?".
- "Que trague, claro", contestou o asesor.
Seguiu entón o presidente:
- "Imos analizar os custos políticos".
- "O primeiro que nos van a botar en cara en que puxemos a parir a Wert por marxinar á Historia da Filosofía do bacharelato e nós agora dámoslle a puntilla".
O presidente volveu intervir:
- "A xente xa se esqueceu de iso".
- "A xente si, -repuxo outro-, pero os profesores de Filosofía lembrarán que prometemos no congreso dos deputados devolver á filosofía o espazo perdido se chegabamos ao goberno".
- "Pode ser, pero unha parte deses profes son nosos e protestarán con sordina; os de centrodereita non se mobilizan; e, ao resto, imos lanzalos contra as comunidades autónomas".
- "Como?", preguntou intrigado un asesor veterano.
- "Pois pasando de tres a dúas horas a materia de Historia da Filosofía do bacharelato para que tenten recuperar esas horas negociando a cota autonómica cos conselleiros de educación".
- "E os intelectuais?", pregunto outro dos burócratas.
- "Ti crees que a xente vai escoitar ao Savater de sempre? Nin caso".
- "Pois desta cargámonos a Sócrates".
- "E que? Outros o fixeron antes!".
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES