Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Horas de traballo

martes, 05 de agosto de 2008
O das trinta e cinco horas semanais de traballo, rematou antes de empezar. Aquí e en París.

Máis en concreto, en París, porque en Francia vense de anular a semana laboral de trinta e cinco horas, e aquí nunca se aprobou. Nos tempos que corren, é unha entelequia.

É unha entelequia para os pequenos empresarios que teñen que dedicarlle á súa empresa todo o seu tempo. É unha entelequia para os autónomos, que dependen do seu traballo para poder obter os ingresos necesarios. É unha entelquia para as amas de casa, que nunca ven valorado o seu traballo sen horas, día e noite.

O das horas de traballo é permanente tema de discusión a todos os niveis, pero esa semana laboral de corenta horas que teoricamente todos disfrutamos parece correr perigo.

Xa non por esa pretensión que circula por Europa de aumentar
a xornada laboral de xeito desmesurado, inhumano. Senón porque as empresas precisan ser máis competitivas diante do mercado nacional e especialmente no mercado europeo. E a competitividade pódese fomentar de moitas maneiras, pero unha delas a non desbotar xa inicialmente é a da xornada de traballo efectiva, que é un concepto que nos costa moito traballo asimilar.

Seguiremos oindo falar das horas de traballo nas empresas, na Administración (menos), porque aínda que pareza un tema pechado estamos entrando nunha borrasca importante que posiblemente faga replantear moitos temas que nos parecen superados, para de novo pisar terreo firme.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES