Saber ler
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 04 de noviembre de 2021
Ó ver este título, seguramente estará pensando:
- Que saber ler é unha maravilla.
- Que canto agradecemento debemos a quen nos ensinou a ler.
- Que ler acércanos a ciencia, á cultura, á vida mesma.
¿Qué sería da nosa vida sen saber ler?
Todo esto considero que é ben certo; pero neste artigo quero fixarme noutro tipo de lectura.
Refírome a saber ler na vida mesma, saber ler na natureza, saber ler no que nos rodea.
Penso nalgúns casos que están ó alcance de todos:
-NUNHA FORMIGA: tan pequeniña que é, e canto traballa e como coopera co formigueiro.
¿Qué pasaría se os humanos foramos tan lebregos e cooperadores coa humanidade?
-NUNHA ÁRBORE: medra loitando coas adversidades meteorolóxicas, sempre coas raíces ben asentadas no chan, sempre mirando cara arriba e entregándonos todo canto ten: madeira, froitos, sombra
Todo un exemplo de xenerosidade.
-NUN RÍO: nace no medio das pedras con frío, con neve, con sol, con vento; pero segue a súa rota sorteando obstáculos, buscando o leito máis levadeiro, sempre ofrecendo a súa auga para o baño, para o rego, para o consumo humano, para dar acollida ós peixes e sempre RENOVÁNDOSE...
Dando pracer: ós pescadores, ós deportistas, ós navegantes (cando leva auga abondo), acollendo e alimentando sabrosos peixes para recrear a nosa vista e o noso padal.
Ten unha traxectoria parecida á humana:
- De novo saltarín e xoguetón
- No curso medio productivo e criador.
- No curso baixo: sereno e tranquilo, dando o mellor de si ata a última pinga que se funde no mar.
A FORMIGA pode ser un bo exemplo na vida laboral e comunitaria.
Hai moitas persoas que seguen o seu exemplo.
Son as persoas que constrúen benestar económico e social e tamén as que soteñen a outras que por diversas razóns se encontran en peor situacción.
A ÁRBORE tamén nos dá moitas leccións.
ENSÍNANOS A ANCLAR AS NOSA VIDA NAS ORIXES, respectando as tradicccións e todo canto puideron darnos os nosos ancestros.
Sexa como sexa a nosa orixe, é a única que temos, é a que nos deu a vida, a que nos axudou a medrar, a que nos deu os principios básicos polos que nos reximos.
ENSÍNANOS A MIRAR SEMPRE CARA ARRIBA, a seguir sempre cara adiante, a medrar como persoas, a confiar no futuro, a ve-la nosa transcendencia...
ENSÍNANOS A SER XENEROSOS ata o derradeiro día dándonos todo canto ten:
Madeira para as nosas casa, para os nosos mobles e ata para o noso cadaleito.
Leña para quentarnos nas longas noites de inverno e tamén biomasa para a industria.
Sombra para o camiñante cansado e fatigado.
E sabrosos froitos que nos proporcionan abundantes vitaminas.
Tamén purufica o ambiente e atrae a choiva...
E cando a vida se lle fai moi dura, retírase a descansar no "colo" da nai terra ata que as circusnstancias sexan favorables para seguir o seu camiño ata o derradeiro día.
¿NON PRECISAREMOS PRESTAR MÁIS ATENCIÓN Á NAI NATUREZA?
A natureza segue sendo a gran mestra.
¿Non nos queda moito por aprender?
Parécenos que saber ler e coñecer o sginificado das diferentes grafías ordenadas de diferentes maneias; pero hai moito máis.
Hoxe en día fálase moito de medio ambiente, de que se os montes arden, de que o mar estase enchendo de lixo, de que o aire se fai irrespirable, de que o cambio climático está facendo destrozos...
Fálase moito; pero o medio ambiente pide moitos máis coidados.
SE EMPEZAMOS POR COIDAR A TERRA, TAMÉN SE VEN BENEFICIADOS O MAR E MÁIS O AIRE.
Quen máis coida da terra son os labregos, sen lugar a dúbidas.
Os labregos aportan moito á humanidade.
Debemos recoñecer o seu valor na xusta medida.
"O VALOR DOS LABREGOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora